Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO EXECUTARÁ ESTE ANO MELLORAS NA REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO, ILUMINACIÓN E ACCESIBILIDADE NA ZONA DO ALTO
O importe global destas actuacións, que se executarán este ano, ascende a 265.000 euros, tal e como indicou o edil de Obras, Pablo Mauriz
Narón, 17 de setembro de 2018. O Concello de Narón destina unha partida de 265.000 euros a realizar varias melloras en servizos de abastecemento, saneamento, alumeado e de accesibilidade na zona do Alto do Castiñeiro, na contorna do Camiño do Pino. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que entre finais deste mes e principios do próximo “darán comezo os traballos de renovación da rede de abastecemento e saneamento na rúa Chantado”, unha actuación, explicou, “orzamentada en 148.000 euros e que inclúe a reposición de berirarrúas para mellorar a accesibilidade”. “As actuacións relativas á ampliación da rede de auga e alcantarillado son unha das prioridades do goberno local en materia de investimentos”, subliñou a rexedora local. “Mostra da aposta por este tipo de actuacións son os dous millóns de euros que destinamos este ano a este tipo de servizos desde a administración local, con obras tanto na zona urbana como na rural”, recalcou. Os traballos da rúa Chantado inclúen ademais a reposición de beirarrúas, que pasarán a ter un ancho de dous metros co fin de mellorar a accesibilidade no mesmo tramo, o comprendido entre a rúa 25 de Xullo e a avenida Souto Vizoso, apuntou Ferreiro. As actuacións que de xeito máis inmediato se realizarán tamén este ano na zona do Alto tamén suporán melloras enerxéticas, concretamente na área comprendida entre a rúa Bergantiños e a avenida Souto Vizoso. “Nas rúas perpendiculares instalaremos alumeado led, cun cambio de luminarias e traballos nos cadros eléctricos que nos permitirán continuar aforrando na factura da luz do Concello e, ao tempo, contribuír a reducir a contaminación”, asegurou. A alcaldesa avanzou que, “según as actuais previsións, cos traballos previstos para reducir o consumo e coa baixada da potencia contratada poderemos aforrar un 79% nesta zona cun investimento duns 90.000 euros”. A terceira das obras proxectadas na zona do Alto ten como obxectivo a mellora da accesibilidade, concretamente na rúa Segura Torrella. Na actualidade está en proceso de licitación unha actuación orzamentada en 27.000 euros para ampliar a beirarrúa nunha das marxes da estrada, a instalación de recollida de pluviais e o aglomerado do vial”, explicou Ferreiro. “Coa contratación e posterior execución dos traballos previstos na zona do Alto desde o goberno local continuaremos implantando e mellorando os servizos á veciñanza na zona urbana e rural do municipio, mantendo a prioridade sobre este tipo de actuacións”, destacou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal