Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA CORTARÁ UNHAS HORAS O SUBMINISTRO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN MATEO E O VAL
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que o corte, que será efectivo entre as 20.00 horas do xoves día 20 e as 8.00 do venres 21, responde á necesidade de realizar tarefas de mantemento nun depósito
Narón, 19 de setembro de 2018. As parroquias de San Mateo e do Val estarán sen subministro de auga da rede de abastecemento desde mañá xoves ás 20.00 horas ata o venres día 21 a partir das 8.00, cando está previsto restablecer o servizo. Así o anunciou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que explicou que este corte responde á necesidade de que a empresa Cosma realice unha serie de traballos de mantemento no depósito de abastecemento. Santalla solicitou de antemán desculpas á veciñanza polas posibles molestias que poida ocasionar o corte durante o tempo no que se executan os pertinentes traballos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal