Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á ESCOLA
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á ESCOLA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que deben ser os propios centros de ensino os que soliciten estas actividades, dispoñendo de prazo ata o vindeiro 5 de outubro
Narón, 19 de setembro de 2018. Os centros de ensino de Narón poden solicitar a través do Rexistro do Concello as actividades que se ofertan desde o Concello a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que esta iniciativa se dirixe tanto aos centros públicos como privados e destacou “a ampla variedade de propostas educativas, medioambientais e culturais”. O prazo de solicitudes, que se deben tramitar desde os propios centros, remata o vindeiro 5 de outubro.
No apartado de Educación Medioambiental impartiranse obradoiros de Sensibilización coas enerxías renovables -1º e 2º da ESO-; de Consumo enerxético responsable -3º e 4º da ESO- e tamén actividades medioambientais no Parque Temático Aldea Nova, en Sedes, e na área medioambiental Río Xuvia-Pedroso –para todos os niveis educativos-. Así mesmo, en relación coa Educación para a saúde as propostas son: un obradoiro de Nutrición saudable –educación Infantil, Primaria e Secundaria-, outro de Prevención de condutas aditivas, organizado a través dun convenio coa asociación Asfedro –para alumnado de 1º a 4º curso de ESO- un de Habilidades sociais, tamén conveniado con Asfedro –de 1º a 4º de ESO-; un de Riscos da novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación e Prevención de condutas aditivas orientados ás Escolas de Familia, con Asfedro –para persoas adultas-; outro de Educación afectivo-sexual –para 2º da ESO- e, por último, a Asesoría de sexualidade nos IES de Narón (As Telleiras e Terra de Trasancos) e no CPI do Feal –ESO e Bacharelato-.
Na área de Educación para a Igualdade propóñense sete obradoiros: Sensibilización sobre o envellecemento -1º de ESO-; Sensibilización sobre a Diversidade funcional -6º de educación Primaria-; Corresponsabilidade -1º ESO-; Sensibilización sobre o Alzhéimer -5º de Primaria-; Contacontos de sensibilización sobre o Alzheimer -2º de Primaria-; un Videofórum de sensibilización sobre esta mesma enfermidade -2 e 3º de ESO- e a convocatoria dunha Marcha Ciclista contra a violencia de xénero -6º de Primaria-.
O programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola ofrece tamén aos centros de Narón a posibilidade de coñecer de primeira man varias dependencias e servizos municipais. Deste modo, pódense solicitar visitas ao edificio do Concello –Infantil a 6º de Primaria-; á Biblioteca municipal -1º de ESO-; á Biblioteca cun obradoiro interxeracional no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros -2º de Primaria-; ao Pazo da Cultura –Primaria e ESO-; e ás instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón -1º e 2º de Primaria-.
Por último, entre as propostas figura ademais no ámbito de Educación para a Cidadanía e Interxeracional, a opción de realizar un mural no centro de ensino –Primaria e ESO- ou de participar no obradoiro interxeracional “Ao cole para cantar” -1º e 2º de Primaria-.
“Desde o Concello animamos a todos os centros de Narón a que soliciten algunha destas actividades, en canto que complementan a formación do alumnado en función da súa idade a través de diferentes áreas e sempre en horario lectivo e sin custe algún para as familias nin os centros educativos”, subliñou a concelleira de Ensino.
Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/Programa-de-Recursos-Educativos-de-Apoio-Escola, ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1103/1122/1111).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal