Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONCHA VELASCO E JORDI REBELLÓN REPRESENTARÁN NO PAZO A OBRA "EL FUNERAL"
CONCHA VELASCO E JORDI REBELLÓN REPRESENTARÁN NO PAZO A OBRA
A cita, a cargo da compañía Pentación Espectáculos, terá lugar o 22 de setembro no Pazo da Cultura
Narón, 5 de setembro de 2018. A actriz Concha Velasco e o actor Jordi Rebellón encabezan o elenco da obra El funeral, que a compañía Pentación Espectáculos representará este sábado, día 22, no Pazo da Cultura. A cita será a partir das 20.00 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
A obra de teatro El funeral está centrada nunha importante figura do cinema, teatro e televisión en España, Lucrecia Conti, á que o Ministerio de Cultura lle organiza un velorio nun gran teatro a modo de despedida tralo seu falecemento. Os familiares da defunta reciben numerosas condolencias e a historia cambiará cando todos os alí presentes queden pechados no teatro e se lles apareza a pantasma de Lucrecia, que se quere despedir deles.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal