Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADA NO CONCELLO UNHA NOVA EDICIÓN DE "TEMPO DE MÚSICA"
Celebrada durante doce anos seguidos, a XVII edición contará con corais das catro provincias galegas
A Concelleira de Cultura do Concello de Narón, Manuela Pérez Sequeiros, e o Presidente da Asociación de Veciños O Couto, Alselmo Rascado, presentaron en rolda de prensa a XVII edición de “Tempo de Música”. Este encontro de corais e músicos leva celebrándose sen interrupción dende o ano 1992, cando Paula López Braxe, presidenta por entón da A. VV. O Couto, organizou a primeira edición. Doce anos nos que O Couto recibiu a corais de grande importancia no panorama galego, como Casablanca de Vigo ou El Eco de A Coruña, e tamén de Asturias, Castela León e Portugal. Tempo de Música recibe o patrocinio do Concello de Narón a través dun convenio polo que se estipula que da partida para a apertura do Mosteiro do Couto se reserve unha parte ó evento. A Concelleira de Cultura resaltou o mérito da iniciativa de manterse viva doce anos, crecendo cada vez máis, tanto en asistentes como en actuacións programadas. Anselmo Rascado, pola súa parte, quixo destacar que ningún dos participantes faino cobrando, senón que se basean nun método de intercambio, actuando gratuitamente unhas nos locais das outras e viceversa. Para facer efectivo este sistema, os organizadores de “Tempo de Música” utilizan os intercambios da Deputación de A Coruña e a mediación da Federación de Corais de Galicia. O éxito da iniciativa é innegable nas cifras de público que presenta, unhas 300 persoas ateigan o local social “A Picota” en cada actuación, o que levou a Asociación a facer unhas pequenas obras para amplialo. O público non é só de Narón, senón que tamén acude moita xente de Fene, Neda e Ferrol. “Tempo de Música” celebrarase todos os domingos do 18 de outubro ó 30 de novembro, ás 18:00 horas no local social de “A Picota” en O Couto, Narón. Na súa programación haberá un apartado para a música clásica, da man do Cuarteto Moriatov de A Coruña e, coma sempre, un espazo para as corais de Narón, este ano representadas pola Coral “Municipal da 3ª Idade de Narón”. A programación completa é a seguinte: - 19 de Outubro Coral “Val o Avia” (Leiro, Ourense) Coro de Cámara “Thalassa” (Pontevedra) - 26 de Outubro Cuarteto “Moriatov” (A Coruña) - 2 de Novembro Coral Polifónica “Lembranza Lorbe” (Oleiros, A Coruña) Coral Polifónica “Casino Mugardés” (Mugardos, A Coruña) - 9 de Novembro Coral Polifónica “San Eleuterio de Tella” (Ponteceso) Joaquín Enríquez Díaz – Acordeonista - 16 de Novembro Coral Polifónica “De Quiroga” (Lugo) Coral Polifónica “La Salle” (Santiago de Compostela) - 23 de Novembro Coral “Eterna Xuventude de Fene” (Fene, A Coruña) Coral “Municipal 3ª Edad de Narón” (Narón, A Coruña) - 30 de Novembro Xoven “Banda de Narón” (Narón, A Coruña) Coral “Amistad” da A.VV. O Couto (Narón, A Coruña)

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal