Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
"PRESTAMO BIBLIOTECARIO 2008" TRASNFERIRÁ 471 LIBROS DE TEXTO DA ÁREA DAS LINGUAS ÓS INSTITUTOS
A iniciativa é levada a cabo pola Concellería de Ensino e Bibliotecas
A Concellería de Ensino e Bibliotecas pon en marcha unha iniciativa innovadora de préstamo interbibliotecario, enmarcada na Lei de Bibliotecas e do Libro. Esta Lei sinala as necesidades de reforzar as Bibliotecas Escolares para convertelas en verdadeiros instrumentos de investigación, estudio e acceso á información. A acción, denominada “Préstamo Interbibliotecario 2008”, concrétase na transferencia, baixo o formato de préstamo, de 471 libros referidos á área das Linguas (Galego, Castelán e Inglés) e destinados ós alumnos/as dos institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos, dos niveis académicos de 1º de Bacharelato e Ciclo Medio de FP de Electrónica e Xestión Administrativa. O préstamo efectuarase dende a Biblioteca Municipal ás bibliotecas escolares dos sobreditos institutos, e terá unha vixencia estimada de 3 anos, agardando que nesta primeira fase se beneficien do préstamo 159 alumnos/as. No vindeiro curso académico está previsto ampliar este Préstamo a máis temáticas académicas e niveis de 2º de Bacharelato e da FP. “Préstamo Interbibliotecario 2008”, facilitará que dende a biblioteca de cada Instituto de Narón se presten os libros das áreas das Linguas ós/ás alumnos/as alí matriculados. Ó finalizar o curso académico, estes textos retornaran á Biblioteca Escolar para seren prestados a novos alumnos. Cabe recordar que os libros de texto dos niveis de Bacharelato non son gratuítos, e mercalos supón, moitas veces, un gasto excesivo para as familias. Polo tanto a iniciativa cumprirá dous obxectivos. Por un lado, facilitar unha maior dispoñibilidade para os/as estudantes de material bibliográfico, e a operativización efectiva da función bibliotecaria. E por outro, apoiar dende o Concello ás familias nos niveis educativos nos que a gratuidade de libros non existe, para reducir os custes económicos dos libros e material académico. Este proxecto supoñerá un esforzo económico para a Concellería de Ensino e Bibliotecas duns 12.000,00 €, e xa se aplicará no presente curso académico 2.008-2.009. A iniciativa súmase ós demais programas xa existentes de animación á lectura e dinamización de bibliotecas, como “Creabiblio” ou “Biblioespazo”, para reforzar as disposicións de material bibliográfico referido ó ámbito académico.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal