Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AGA CONVOCAN UN OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE XABRÓNS E UNHA CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN DAS COLMEAS E VARROA
As sesión impartiranse os días 5 e 6 de outubro no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico
Narón, 3 de outubro de 2018. O Concello de Narón e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan dúas actividades formativas que terán lugar esta fin de semana. O concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, explicou que a primeira das propostas desenvolverase o vindeiro venres, día 5, e consistirá nun obradoiro de elaboración de xabróns do apicultor. A sesión impartirase entre as 18.00 e as 20.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e as persoas que desexen asistir deben anotarse previamente, de balde, no correo electrónico de AGA Ferrolterra (dagaferrol@hotmail.com), ou chamando ao número de teléfono 661 378 960, tal e como indicou o edil. Persoal de AGA será o encargado de explicarlles aos asistentes o proceso de elaboración de xabróns naturais, empregando ingredientes vexetais e, concretamente neste caso, produtos da colmea. Así mesmo, informarán sobre os beneficios de utilizar estes xabróns, a base de mel, propóleos e polen. O sábado día 6 haberá unha charla sobre o control da varroa e a importancia das reservas de alimento nas colmeas. O veterinario e experto apícola Joaquín Lozano será o encargado de impartila, entre as 11.00 e as 13.00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O control da varroa, os produtos para combatir esta enfermidade, a importancia da alimentación das colmeas e os mellores métodos serán algúns dos temas que se abordarán durante a charla. Dopico explicou que estas dúas actividades se organizan a través do convenio que a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura ten co Concello naronés. O edil recalcou que poden asistir todas as persoas que o desexen e asegurou que “estas dúas propostas son unha moi boa oportunidade para coñecer máis polo miúdo o mundo da apicultura a través de expertos na materia”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal