Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A VECIÑA DO COUTO FLORA LÓPEZ YÁÑEZ RECIBIU A VISITA DAS EDÍS DE PROMOCIÓN SOCIAL E ACCIÓN SOCIAL CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS MAIORES
Teresa Sabio e Catalina García desprazáronse á vivenda da centenaria para conversar con ela e entregarlle un agasallo
Narón, 3 de outubro de 2018. A veciña do Couto Flora López Yáñez, de 103 anos, recibiu esta mañá a visita das concelleiras de Promoción Social, Teresa Sabio, e Acción Social, Catalina García, que se desprazaron ata a súa vivenda para felicitala con motivo dos actos programados desde o Concello para conmemorar o Día Mundial das Persoas Maiores. Flora López, natural de Placente (en Sedes) e que o vindeiro mes de xaneiro cumprirá 104 anos, reside coa súa filla Amalia Romero Yáñez e o seu xenro Celso na parroquia do Couto e ten tres tataranetos, un neno de seis anos e unhas xemelgas de nove meses. Conversou animadamente coas concelleiras naronesas durante a visita, explicándolles que ten moi bo apetito e que lle gustan moito as castañas, entre algunhas anécdotas da súa vida, dende que era unha nena. Agradeceu a centenaria a visita de Sabio e García, que lle entregaron como agasallo unha orquídea. As edís naronesas quedaron convidadas a voltar a visitar a Flora, a quen xa coñecen desde hai varios anos, ao ser unha das mulleres que en 2015, con 100 anos, participou nunha homenaxe institucional organizada polo Concello a veciños e veciñas centenarios da cidade. Pola súa banda, tanto Teresa Sabio como Catalina García agradeceron a acollida tanto de Flora como da súa familia e tamén o tempo que lles adicaron esta mañá para conversar durante un tempo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal