Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
As asociacións que cumpran os requisitos establecidos nas bases poderán solicitar as axudas a través da Sede Electrónica durante un prazo de quince días, tal e como explicou a edil de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 4 de outubro de 2018. O Concello de Narón convocou as subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal, dirixidas a programas e actuacións realizados durante este ano e encamiñadas a promover a participación da cidadanía no tecido asociativo. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, subliñou que poderán pedilas aquelas asociacións e entidades que estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades cidadás do Concello. O prazo para solicitalas –a través da Sede Electrónica do Concello- comeza o 5 de outubro e permanecerá aberto durante os vindeiros 15 días naturais (contados a partir do día 5), tal e como indicou a edil.
Entre os requisitos que deben cumprir as asociacións están tamén o feito de ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello, ademais dos que se establecen no artigo 3.1 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón.
As áreas nas que deben traballar as entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencia, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases reguladoras, que se poden consultar na Sede Electrónica ou a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/axudas-e-subvencions.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal