Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA TEATRAL "DÚAS DONAS QUE BAILAN"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA TEATRAL
A representación terá lugar o venres 19 e o sábado 20 e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado de Cultura
Narón, 16 de outubro de 2018. A compañía Teatro do Atlántico estreará esta fin de semana en Narón a obra "Dúas donas que bailan". As actrices María Barcala e María Ángeles Iglesias protagonizan esta peza, de case dúas horas de duración. As entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As representacións programadas para esta fin de semana terán lugar o venres 19 ás 20.30 horas e o sábado 20 a partir das 20.00.
"Dúas donas que bailan" conta a historia dunha muller maior e viúva que soña con viaxar a París e rematar unha colección de tebeos. Os seus fillos e o dono da vivenda na que vive a muller queren que deixe o piso libre pero ela resístese, co que a filla contrata a unha muller de mediana idade que lle faga as labores domésticas pero cuxa presencia non é ben recibida. A temática dos desafiuzamentos, a soidade da vellez, o alzheimer e o desencontro xeracional están moi presentes nesta obra de Teatro do Atlántico.
A compañía, con 33 producións no seu historial, actuou en varias ocasións na cidade e realizou xiras por varias provincias españolas, acumulando máis dunha vintena de premios teatrais e a distinción do Premio da Crítica de Galicia 2016 na modalidade de artes escénicas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal