Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A VII FEIRA DO MEL E PRODUCTOS ECOLÓXICOS
Terá lugar o vindeiro domingo, día 26 de outubro, en horario de 9 a 14 horas no recinto da Feira do Trece
Os responsables da Concellería de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, e de Sanidade e Medio Ambiente, Manuel Ramos, presentaron en rolda de prensa a VII Feira do Mel e Productos Ecolóxicos, que terá lugar o vindeiro domingo, día 26 de outubro, en horario de 9 a 14 horas, no recinto da Feira do Trece en Sedes. Este encontro realízase dentro do programa de educación ambiental relacionado coa nutrición e o fomento dunha agricultura e apicultura sustentable, co obxectivo principal de fomentar o coñecemento de produtos alimentarios de calidade ó través de poñer os produtores en relación directa cós consumidores/as para unha nutrición máis saudable, un comercio máis xusto, e un medio ambiente sustentable con boas prácticas agropecuarias. Para isto habilitarase o espazo da Feira do Trece, onde expoñer e intercambiar información sobre produtos e produtores, e mesmo consumidores ecolóxicos. Intentando alcanzar tres obxectivos máis: facer unha rede de distribución de produtos ecolóxicos e comercialización, dar resposta innovadora á programación da feira no rural, e crear no entorno de Aldea Nova (Centro Temático Integrado de Desenvolvemento Rural) un contexto dinamizador da vida nese mundo rural. O programa será o seguinte: 9:00 – 14:00 h: Mostra de produtos ecolóxicos, divulgación e contactos. 11:00: Obradoiros de cera e mel 12:30: Degustación de mel 13:30: Sorteo de 10 lotes de produtos ecolóxicos Paralelamente, terá lugar un programa de educación ambiental complementario no que daranse varias actividades. Unha delas é a exposición apícola didáctica “As abellas no mundo, o mundo das abellas” que estará aberta do 27 ó 31 de outubro na sala de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto en horario de 16 a 19 horas, e que ofrecerá a posibilidade de itinerarios didácticos guiados de 1 grupo de 25 alumnos/as de cada centro escolar de Narón. Tamén haberá dúas xornadas de charlas divulgativas na sala de conferencias da Biblioteca Municipal do Alto. A primeira hoxe ás 19:30 horas a cargo de Antonio Gómez Pajuelo (fundador da revista “Vida Apícola”), baixo o título “O mel na alimentación, na saúde e na biodiversidade”. E a segunda o día 29 de outubro ás 19:30 horas titulada “A apicultura como actividade de lecer” a cargo de Agustín Arias Martínez (técnico de aula apícola de Azuqueca de Henares). EXPOSITORES PARTICIPANTES : 8 expertos apicultores 6 expertos agricultores biolóxicos 1 empresa de construcción ecolóxica 1 empresa de enerxías renovables “ TUIMIL” 1 pintor ecolóxico 3 produtores de envasados ecolóxicos 1 granxa ecolóxica “ ARQUEIXAL” 1 purificador de auga 1 Cooperativa de consumo de produtos biolóxicos “XOANIÑA” 1 tenda ecolóxica 1 Consello regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia “CRAEGA” 1 Asociación galega de Apicultura “AGA” 1 taller demostración sobre estampado de cera A Feira está organizada polas Concellerías de Feiras e Mercados e de Sanidade e Medio Ambiente e conta coa colaboración da AGA Ferrolterra e PTIDR Aldea Nova

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal