Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "O NOSO MOMENTO"
A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, recordou que hai un total de doce prazas para mulleres e animou ao colectivo a apuntarse nesta iniciativa, organizada polo Concello e de balde
Narón, 19 de outubro de 2018. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, informou sobre a apertura do prazo do obradoiro O noso momento, dirixido a un total de doce mulleres a partir de 50 anos. A través desta convocatoria, na que se abordarán temas como o autocoidado, as emocións, a diversión e o exercicio, entre outros, apóstase pola creación dun grupo de apoio para persoas con doenzas psicosomáticas e cunha rede de apoio social reducida, tal e como recordou a edil. As participantes terán a oportunidade de compartir experiencias diarias nas sesións, que comezarán o 7 de novembro e que terán lugar ata o mes de xuño nas instalacións do Centro Comunitario das Vivendas da Mariña, cada mércores entre as 17.00 e as 19.00 horas. “O feito de dotar ás mulleres que participen dunha serie de ferramentas para ao autocoidado emocional e facilitarlles un espazo donde compartir experiencias e facer novas amistades, desconectando da súa rutina diaria, permitiralles acadar unha visión máis positiva sobre elas mesmas”, destacou Sabio, que animou ao colectivo ao que se dirixe esta proposta municipal a anotarse no obradoiro O noso momento. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo cubrindo o formulario oficial dispoñible no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 horas. Así mesmo, para obter máis información sobre este obradoiro pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext.:1108).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal