Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ESCOLA DE MÚSICA MODERNA CONTARÁ CUN CORPO DOCENTE DE PRIMEIRO NIVEL
A ESCOLA DE MÚSICA MODERNA CONTARÁ CUN CORPO DOCENTE DE PRIMEIRO NIVEL
Está composto por tres mestres, dous de corda e un de percusión, e un asesor titulado superior de música
A Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa o equipo docente da Escola de Música Moderna, formado por profesionais de primeiro nivel no eido da música. Os alumnos terán dous mestres de corda, un de nivel de iniciación e outro de perfeccionamento, e un mestre de percusión. A Escola tamén contará coa colaboración dun asesor musical titulado superior de música, que será o encargado de coordinar e asesorar ó equipo técnico-musical.

As clases impartiranse en dous grupos, iniciación e perfeccionamento, e dividirán os seus contidos en torno ó coñecemento da guitarra, a percusión e o son. Estás dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, empadroados en Narón, e terán dous horarios posibles: os luns e xoves de 17 a 18 horas e os sábados de 11 a 13 horas.

O contido inicial do curso baséase na toma de contacto dos mozos/as cos distintos instrumentos de percusión e guitarra, realizándose actividades musicais sinxelas e tendo sempre a premisa fundamental de adaptación individualizada, en función das características de cada alumno/a á hora de elixir e utilizar ditos instrumentos. Para as clases de perfeccionamento, tamén farase un seguimento individual do nivel de coñecemento de cada un, para así poder adaptar a formación que se vaia a impartir.

Carlos Campoy é o benxamín dos mestres, antigo alumno da Escola, e con estudos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Será o encargado de impartir as clases de guitarra no grupo de iniciación.

Álvaro Lamas Gómez, encargarase do nivel de perfeccionamento de guitarra, e tamén, para os que así o desexen, de impartires clases sobre steel guitar, un tipo de guitarra hawaiana, da que é o único instrumentista en toda Galicia. Álvaro Lamas formou parte de grupos tan coñecidos como Os cempés e Los Limones, e colaborou con artistas como Los secretos, Susana Seivane, ou Siniestro Total.

Completa o equipo José Juan Ares, que formou parte de grupos de jazz como o liderado por Deborah Carter, forma parte de banda Dixie e colabora co guitarrista Manuel López e con Rosa Cedrón. Será o encargado de impartir as clases de percusión e batería e de coordinar a todos os mestres.

En canto o titulado superior de música, Antonio Peña Fernández, será o encargado de asesorar ó equipo da Escola. No seu currículo destaca a súa participación nas as bandas sonoras das películas “O bosque animado” ou “De profundis”, ademais de ser o pianista que acompaña ó grupo “Luar na Lubre” na súa xira “Espiral”.

Todas as actividades realizaranse na aula de ensaio da Casa da Mocidade (A Gándara) e terán un custo de 7, 60€ ó mes. Natalia Hermida anunciou que este ano vaise ampliar o horario para os grupos que non poidan ensaiar entre semana abrindo tamén os sábados pola tarde, e que vanse acometer melloras na aula de ensaio, tanto de material como de instalacións. A edil tamén anunciou que no Pazo da Cultura que abrirá as súas portas a finais de ano, haberá lugar para un estudo de gravación, do que xa dispoñen do material, pero non de espazo para acondicionalo. Segundo a Concelleira, ó situalo neste lugar, o estudo estará aberto a todos os grupos que desexen utilizalo, non só os de música moderna.

Os interesados en apuntarse as actividades da escola deberán dirixirse ó Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, á Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou chamar ó teléfono 981337700, extensión 258.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal