Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ADRIÁN FONLELA LOUREDA, VECIÑO DE FERROL, GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO "IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, comunicou o fallo do xurado, que concedeu o segundo premio ao naronés Rafael Saura e o terceiro a Marcos López
Narón, 24 de outubro de 2018. A fotografía “Concentricación”, do ferrolán Adrián Fontela Loureda, veciño de Ferrol, resultou a gañadora do primeiro premio da novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón, dotado con 750 euros. O xurado concedeu á súa imaxe, realizada no interior das instalacións da Biblioteca municipal, a puntuación máis elevada do certame, 24,8 puntos. O segundo premio foi para Rafael Saura Rodríguez, de Narón, pola fotografía “A Pena Molexa e as estrelas” e o terceiro para Marcos López Alonso, tamén de Ferrol, por “Terra de Cultura”, que recibirán 300 e 150 euros respectivamente. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, felicitou aos gañadores deste certame e agradeceu a participación de tódalas persoas que se presentaron a esta edición, “porque reflectiron moitos espazos da nosa cidade que, máis ou menos recoñecidos noutros concellos, forman parte da nosa cultura, do noso patrimonio e da nosa historia”. A calidade técnico-artística, a orixinalidade e o grao de representatividade do Concello foron os parámetros que puntuou o xurado, do que formaron parte catro fotógrafos profesionais: Kiko Delgado, de El Correo Gallego: Jesús Taboada, de F64 Fotografía; Carlos Carballeira, de Carlos Carballeira Fotografía, e María José Bouza, de Piñeiros Fotografía. As puntuacións das vinte e catro imaxes valoradas, das 140 presentadas a esta edición do certame, pódese consultar na acta publicada na páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Acta_Concurso_Fotografia_2018.pdf A maiores das tres imaxes premiadas, as nove que obtiveron as puntuacións máis altas formarán parte do calendario de sobremesa que cada ano edita o Concello de Narón, tal e como recordou a concelleira de Turismo. O acto de entrega simbólica dos premios terá lugar a vindeira semana no Concello, avanzou Natalia Hermida. “A maiores de felicitar aos premiados nesta edición do concurso quero agradecer especialmente a todas as persoas que se presentaron o feito de adicar unha parte do seu tempo e do seu traballo a este certame centrado na nosa cidade”. As doce imaxes que formarán parte do calendario de sobremesa póedense ver na páxina web do Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal