Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E AS EDÍS DE PROMOCIÓN SOCIAL E ACCIÓN SOCIAL VISITARON ESTA MAÑÁ A EUGENIO PERMUY REY CON MOTIVO DO SEU CENTENARIO
A rexedora local, Marián Ferreiro, e as edís Teresa Sabio e Catalina García entregáronlle un agasallo a Eugenio Rey, veciño da parroquia de Sedes
Narón, 14 de novembro de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Igualdade, Teresa Sabio, e Acción Social, Catalina García, desprazáronse este mediodía ao domicilio de Eugenio Permuy Rey con motivo do seu centenario. As representantes do goberno local felicitaron a este veciño de Narón no seu cumpreanos e conversaron animadamente con el antes de proceder a entregarlle un agasallo e soprar as velas do seu centenario. Permuy Rey, natural de As Pontes, leva máis de trinta anos vivindo en Narón. Desde a súa casa do lugar do Camiño, na parroquia de Sedes, recibiu á alcaldesa e ás dúas concelleiras acompañado por dúas fillas, Adela e María del Carmen (o seu fillo Jaime non puido acudir), un xenro e unha das súas netas. Viúvo desde hai cinco anos, Eugenio tivo catro fillos –un faleceu- e ten na actualidade catro netos e outros tantos bisnetos. Recordaba hoxe algunhas das súas vivencias na súa parroquia natal, no Freixo (As Pontes) e tamén as tres décadas que leva vivindo na cidade, sen pasar por alto os tempos do servizo militar da época que lle tocou vivir e tamén da Guerra Civil, donde foi ferido en tres ocasións. Marián Ferreiro e as edís Teresa Sabio e Catalina García entregárolle unhas prantas e tamén unha tarta na que soprou xunto a elas e parte da súa familia as velas do seu centenario.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es