Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REMITIRÁ OS RESULTADOS DO ESTUDO DA TDT A DIRECCIÓN XERAL DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
O informe da empresa Wish xa foi visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros
A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González, remitirá o estudo de cobertura de televisión dixital terrestre no municipio de Narón realizado pola empresa Wish, á Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia. O documento xa foi visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación. O estudo baseouse na toma exhaustiva de medicións de sinal, cun medidor de campo e unha antena situada nun mástil a 5 metros do solo, tanto na zona rural como na urbana, clasificando os datos por parroquias a canles de televisión dixital. Dos resultados extráese a conclusión de que, a falta de menos de dous anos para que se produza o apago analóxico (3 de abril de 2010), parte das parroquias de O Val, Sedes, Pedroso e Doso, ademais da zona de Xuvia (dentro da parroquia de Narón) están sumidas en zona de sombra. Polo contrario, os datos revelan que os habitantes de Trasancos, Castro, San Xiao e a maior parte de Narón, teñen garantido o servizo de TDT. O centro de emisión que na actualidade cubre o municipio é a Bailadora, situado en Ares. Dous reemisores máis proporcionan sinal a Narón, aínda que polo momento só en analóxico: San Sadurniño e Ferreira. Esta zona atópase dentro do Plan Nacional de Transición á TDT, na área técnica de Ares, e teñen como data límite de cese das emisións o 31 de decembro de 2009. Por esta razón, puntos que hoxe en día non reciben en dixital desde Bailadora pero si en analóxico desde algúns dos mencionados reemisores, estarán cubertos cando se adapten á tecnoloxía dixital. A conclusión xeral do estudo é que hai tres zonas de sombra perfectamente acotadas e diferenciadas, ás que haberá que dotar de cobertura do TDT. Para iso, será imprescindible instalar o número de reemisores de televisión dixital tipo gap-filler que sexan necesarios. A análise detallada por parroquias é a seguinte: Parroquias de Pedroso e Doso O número de veciños afectados pola imposibilidade de recibir sinal de TDT nesta zona é de máis de 180 habitantes. Os Tortos recibe bos niveis en analóxico de San Sadurniño, polo que cando este reemisor sexa adaptado o sinal do TDT recebárase sen problemas neste núcleo de poboación. A mesma situación que Os Tortos, preséntana O Bustelo e Os Bidueiros. E máis ao norte, Castro de Abaixo, Castro de Arriba e Castro d Ermida. Sen embargo, núcleos como As Cerdeiras e O Souto, debido a súa ubicación seguirán estando na sombra. Ou como A Braña, Santá e O Verdescal, que estarán bloqueados a San Sadurniño. Dentro da parroquia de Pedroso, hai un núcleo de poboación totalmente bloqueado, ademais de bastante illado. Trátase de Pereiruga, ó que sería máis interesante facerlle chegar o sinal de TDT vía satélite. Parroquia de Sedes e zona de Xuvia O número de veciños afectados é de cerca de 250 habitantes. A zona de Xuvia atópase nun val entre pequenas montañas que fan a esa zona estar bloqueada, carecendo de cobertura desde a Bailadora e impedindo os sinais procedentes de San Sadurniño e Ferreira. Ó sur de Sedes, na zona de Os Barreiros e A Gándara, atópanse en sombra de sinal de TDT e non está claro si con a adaptación do reemisor de San Sadurniño resolverán o seu problema. Parroquia de O Val O este de esta parroquia está sumido en zona de sombra. Entre eles atópanse os Vilares, Os Outeiros, O Vilar, A Pedreira e O Lobeiro. Trátase de puntos con bloqueo parcial que non reciben sinal desde Bailadora, e que cando San Sadurniño cese as súas emisións en analóxico é posible que reciban algún canal en dixital desde este reemisor. Calcúlase que nuns 300 habitantes os afectados desta parroquia. O paso seguinte ó presente estudo de coberturas será buscar un ou varios emprazamentos que, estando suficientemente próximos ás zonas a cubrir, dispoñan dun nivel de sinal óptimo como para encontrarse dentro do rango dinámico de calquera repetidor dos mencionados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal