Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA DE NARÓN NA PRAZA 23 DE NOVEMBRO E NO PAZO DA CULTURA
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA DE NARÓN NA PRAZA 23 DE NOVEMBRO E NO PAZO DA CULTURA
O día 23 de novembro sucederanse varios actos dirixidos ao público familiar e infantil para conmemorar esta festividade, que cumpre este ano as súas Vodas de Prata
Narón, 20 de novembro de 2018. As concelleiras de Cultura e Festas, María del Carmen Espada e Mar Gómez, e o edil de Deportes, Román Romero, presentaron esta mañá os actos programados con motivo do Día de Narón, festividade local que se celebra cada 23 de novembro desde hai 25 anos. Os representantes do goberno local convidaron aos naroneses e naronesas a sumarse ás diferentes propostas, pensadas para o desfrute de persoas de tódalas idades e que se sucederán durante todo o día. A concelleira de Festas recordou finalmente que este ano se cumpren as Vodas de Prata desta celebración, que se organizou por primeira ocasión no ano 1993 e tamén que a primeira acta da cidade data do ano 1837 en San Xiao. “É unha festa para compartir coa veciñanza e para que as naronesas e os naroneses se sintan orgullosos do seu concello”, apuntou Gómez.
A Praza 23 de novembro, nas inmediacións do pavillón de Campo da Serra acollerá varias actividades tanto pola mañá como pola tarde. A partir das 12.00 horas e ao longo de todo o día, tal e como indicou Espada, as persoas que se acheguen ata alí terán a oportunidade de ver unha Mostra de instrumentos tradicionais, realizados nos Obradoiros de Construción de Instrumentos do Padroado da Cultura. Tamén ás 12.00 horas, e ata as 12.45, haberá un espectáculo en galego para o público familiar, Os Trotasongs, da compañía Conticánticos. Protagonizado por Iria Estévez e Gonzo Piña, a música animará ao público que disfrutará tamén dunha animada posta en escena e interactuará en todo momento. A continuación, entre as 12.45 e as 13.15, actuará o Grupo de Música Tradicional do Padroado da Cultura, que interpretará recoñecidos temas da música galega.
A festividade local terá un ano máis un apartado gastronómico, concretamente entre as 12.30 e as 15.00 e de 17.00 a 19.00, hora na que haberá unha degustación de filloas, que se servirán de balde a cantas persoas as queiran probar. Baixo unha carpa elaboraranse un milleiro de filloas por hora, nunha gran filloeira, indicou Mar Gómez.
As actividades na Praza 23 de novembro continuarán pola tarde, de 17.30 a 18.45, con Cores, contos e rock and roll, unha proposta que conta coa colaboración de Laura Romero. Trátase dun espectáculo en galego no que a música, os contos e as cores e os debuxos que realiza en directo Laura Romero, atraparán ao público infantil e tamén aos máis adultos xunto co humor de Paco Cerdeira, Pakolas, que animará a cita coas súas cancións e a súa guitarra.
O Pazo da Cultura será tamén o escenario no que se desenvolva unha parte da programación do Día de Narón. Ás 13.30 horas a alcaldesa entregará os premios correspondentes ao X Concurso de Pintura Cidade de Narón, ao que se presentaron un total de 102 obras. O certame repartirá un total de 2.850 euros en premios -1.500 para o primeiro, 750 para o segundo, 400 para o terceiro e o Premio Especial Francisco Criado, dotado con 200 euros, que se concederán na categoría de adultos- e tamén haberá un detalle participativo para as categorías infantil e xuvenil, recordou Espada.
O peche da programación será trala XXX Gala do Deporte de Narón, que dará comezo ás 21.00 horas no Pazo da Cultura e na que se entregará o premio ao Mellor deportista do ano 2018 e se nomeará aos Deportistas do ano nas diferentes disciplinas, así como as mencións especiais, avanzou o edil Román Romero.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal