Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 350 ESCOLARES DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARON NA MARCHA CICLISTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello continúa desenvolvendo o programa de actos para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero
Narón, 22 de novembro de 2018. Uns 350 escolares da cidade participaron esta mañá na Marcha Ciclista contra a violencia de xénero organizada con motivo dos actos do 25 de novembro. Alumnas e alumnos de sexto de Primaria de varios centros da cidade saían ás 10.00 horas dos seus respectivos centros educativos cara ao Pazo da Cultura, realizando un percorrido conxunto desde as 10.30 polas rúas do centro da cidade ata chegar á praza de Galicia. Unha vez na citada praza, tomaron un refrixerio, a base de froitas e auga, para asistir, ás 11.00 horas, á representación da obra teatral Nómades antes de regresar de novo aos colexios, cunha bolsa reutilizable e unha chapa da campaña “En Negro contra as violencias”, agasallo do Concello. A edil de Igualdade, Teresa Sabio, recibiu aos escolares á súa chegada ao Auditorio municipal e tras rematar a obra de teatro agradeceulles a súa participación e tamén a implicación dos colexios e voluntarios que se sumaron a esta iniciativa. Persoal do equipo de Educación Viaria do Concello, do Speis de Narón, da Policía Local, do motoclube Fojeteiros e do Clube Clásico Bikeworks, ademáis dalgúns pais e nais, profesores dos menores, e integrantes das Anpas acompañáronos durante o percorrido de ida e volta. Así mesmo, hoxe –ao ser festivo local mañá, que é cando se desenvolverán actos do 25N na maioría de concellos galegos- dezaséis integrantes da corporación local, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, vestiron a camiseta da campaña “En Negro contra as violencias”, sacando unha fotografía de grupo no salón de plenos. Pola súa banda, os cinco edís do Partido Popular non asistiron a este acto, ao que estaban convidados co resto de integrantes da corporación local. Tamén desde o Concello animouse ao persoal municipal a implicarse na conmemoración do 25 de novembro colaborando nos actos da campaña Narón en Negro. A proposta formulada é que o vindeiro luns, día 26, acodan ao posto de traballo vestidos de cor negro en sinal de repulsa á violencia de xénero. A edil de Igualdade, Teresa Sabio, explicou que desde o goberno local “consideramos que teñen o protagonismo do Concello de Narón e son o grande escaparate que lle pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Narón libre de violencias machistas”. Os actos do 25N continuarán o domingo, en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres, ás 19.00 horas, cunha performance e batukada na Praza da Gándara, diante do Monumento á Muller. O luns ás 12.00 horas realizarase a tradicional ofrenda floral na Praza da Gándara (diante do Monumento á Muller) en colaboración coas entidades do Consello Sectorial de Igualdade e para a que se recomenda acudir con roupa de cor negro. Finalmente, o día 27 deste mes rematarán os actos coa lectura dun manifesto participativo ás 12.00 horas e un coloquio ás 18.00 sobre Solucións para a violencia de xénero na Fundación Terra de Trasancos, no Val, e organizados en colaboración co Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal