Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU UNHA OFRENDA FLORAL NA PRAZA DA GÁNDARA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O CONCELLO ACOLLEU UNHA OFRENDA FLORAL NA PRAZA DA GÁNDARA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, participaron nos actos xunto con outros edís da corporación local, representantes das entidades do Consello Sectorial de Igualdade e numerosas veciñas e veciños
Narón, 26 de novembro de 2018. A Praza da Gándara acolleu un novo acto do programa municipal para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A alcaldesa, Marián Ferreiro, a edil de Igualdade, Teresa Sabio, e outros integrantes da corporación local participaron na ofrenda floral que se realizou fronte ao Monumento á Muller. Así mesmo, acudiron representantes da corporación local, das entidades do Consello Sectorial de Igualdade, e veciñas e veciños que a título particular tamén se implicaron neste acto, un feito que agradeceron as representantes do goberno local.
A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, leu unha parte do manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”, no que se destaca a importancia dos avances dos últimos anos en materia de visibilización desta lacra social “grazas ao traballo de movilización e concienciación dos diferentes movementos de mulleres”. A continuación a alcaldesa, Marián Ferreiro, leu tamén parte do documento, no que se indica que os esforzos realizados en materia de lexislación a favor da igualdade de xénero “non son suficientes” e se denuncian as graves fendas de xénero que aínda existen na sociedade actual. “Desde o Concello de Narón queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento das violencias que sofren as mulleres polo mero feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, as nenas e os nenos”. A alcaldesa reiterou ao final da lectura o compromiso do Concello para loitar contra a erradicación das violencias contra as mulleres, e “o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia”.
A Asociación de Persoas Xordas colaborou tamén neste acto interpretando en lingua de signos a lectura que se realizou do manifesto na Praza da Gándara.
Finalmente colocouse unha camiseta da campaña “En Negro contra as Violencias” no Monumento á Muller, para a continuación proceder a realizar a ofrenda floral, na que participaron os asistentes ao acto, e á colocación dunha serie de frases condenando a violencia de xénero no citado monumento, na que tamén participaron a alcaldesa e a edil de Igualdade. Así mesmo, un grupo de mulleres do Grupo de ganchillo da Agrupación Veciñal de San Mateo realizou unha peza de roupa que, en tonos violetas, se colocou no Monumento á Muller. Antes de dar por rematado o acto Amalia de Querol leu unha poesía relacionada co Día Internacional contra a Violencia de Xénero despois de que as persoas que quixeron leron unha frase que redactaron sobre a mesma temática.
Os actos do programa “En Negro contra as violencias” programados desde o Concello rematarán na xornada de mañá nas instalacións da Fundación Terra de Trasancos, na parroquia do Val. Ás 12.00 horas procederase a ler un manifesto participativo, cuxos textos redactaron as mulleres que participan nas actividades que se realizan na Fundación e ás 18.00 horas dará comezo o coloquio “Solucións para a violencia de xénero”, que impartirá a psicóloga María del Carmen López, da Asociación de Loita contra os Malos Tratos (Almat).
O persoal do Concello de Narón acudiu tamén esta mañá a traballar con roupa de cor negro, en sinal de repulsa á violencia de xénero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal