Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACENDERÁ O 7 DE DECEMBRO O ALUMEADO DE NADAL
O acto oficial de acendido, ao que están convidados as veciñas e veciños, terá lugar nos xardíns da Residencia San José, en Piñeiros
Narón, 4 de decembro de 2018. O acto oficial de acendido navideño do Concello de Narón terá lugar o vindeiro venres, día 7, nos xardíns da Residencia San José de Piñeiros. Así o anunciou a concelleira de Festas, Mar Gómez, que indicou que a convocatoria, á que convida a asistir á veciñanza, dará comezo ás 18.30 horas. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, será a encargada de accionar desde os xardíns da citada residencia o mecanismo que acenderá o botón que iluminará o abeto alí ubicado –dunha altura duns 25 metros- e, a continuación os diferentes elementos decorativos de Nadal que se instalaron nos últimos días en rúas e espazos públicos da cidade. O Concello organiza un ano máis o acto en colaboración coa Asociación de Veciños de Piñeiros, tal e como recordou a concelleira de Festas. Unha vez que se acendan as luces as persoas que asistan ao acto da Residencia San José poderán degustar, de balde, chocolate con churros, convidados polo Concello e a AVV de Piñeiros. O Concello destinou este ano preto de 65.000 euros á decoración navideña, da que forman parte unhas duascentas arcadas luminosas, varias árbores –simuladas ou naturais e de diferentes alturas, ata dez metros- que se poderán ver en prazas (Álvaro Paradela, Praza de Galicia, Praza da Constitución, Chafarís…) e rotondas da zona urbana, motivos navideños nas farolas, elementos en 3D e, como novidade este ano, unha gran bola de Nadal de catro metros de altura por outros tantos de ancho que se poderá visitar no interior e que se ubicará na Praza da Gándara. A Casa do Concello estará iluminada no exterior, e tamén este ano se incrementou o número de arcadas que se colocarán na zona rural con respecto a anos anteriores. Os elementos ornamentais do Nadal permanecerán acendidos ata o 7 de xaneiro todos os días a partir das 18.00 horas e apagaranse sobre as 01.00 a excepción das xornadas do 24, 25 e 31 de decembro e o 1, 5 e 6 de xaneiro, que quedarán acendidas ata o amencer. “Un ano máis as rúas e prazas de Narón, así como as rotondas, estarán ambientadas de cara ao Nadal, para que as veciñas e veciños da cidade e tamén doutros concellos poidan desfrutar destes días cunha decoración acorde con estas datas tan sinaladas para os nenos e nenas e tamén para as persoas maiores”, asegurou Gómez.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal