Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO E UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS PARA NENOS E NENAS
As actividades, tal e como indicou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, desenvolveranse na Axencia municipal de lectura e na Biblioteca
Narón, 11 de decembro de 2018. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición en dúas actividades que se desenvolverán nas instalacións da Axencia de lectura municipal da Gándara e da Biblioteca municipal. A primeira das convocatorias, tal e como indicou a edil, terá lugar o vindeiro venres, día 14, nas Axencia de lectura da Gándara, entre as 17.00 e as 19.00 horas, e consistirá no obradoiro Formigas tolas, no que os participantes construirán unhas divertidas formigas utilizando materiais de refugallo e despois farán que se movan de xeito autónomo utilizando a electrónica. Esta actividade diríxese a nenas e nenos de 6 a 12 anos. A segunda das propostas é unha sesión de contacontos, que terá lugar o vindeiro sábado, día 15 ás 11.00 horas. A maxia de Mary Poppins é o título deste espectáculo, que achegará á recoñecida coidadora de nenas e nenos, Mary Poppins, e a súa maxia á cidade, donde as persoas que asistan poderán desfrutar tamén dos libros e da literatura en xeral, vivindo numerosas aventuras. Diríxese a menores a partir de tres anos. No caso de ambas actividades está xa aberto o prazo de inscrición, que se pode tramitar de xeito presencial na Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións. Taibo recordou que é preciso que as persoas que se inscriban teñan o carné da Rede de Bibliotecas e carezan de sancións. “Trátase de dúas propostas variadas, nun dos casos para fomentar a creatividade dos nenos e nenas e noutro para que desfruten dunha sesión de contacontos, coa que despedimos o programa municipal Bibloespazo 2018”, apuntou Taibo. A concelleira animou ás veciñas e veciños de Narón a participar nestas propostas, así como nas que nos vindeiros días se desenvolverán tanto na Axencia de lectura da Gándara como na Biblioteca e na Ludoteca municipal da Solaina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal