Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA A POMBIÑA E A LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA ACOLLEN VARIAS PROPOSTAS DIRIXIDAS AO PÚBLICO INFANTIL
A SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA A POMBIÑA E A LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA ACOLLEN VARIAS PROPOSTAS DIRIXIDAS AO PÚBLICO INFANTIL
O espectáculo de música infantil Puño, puñete, de Baobab Teatro, e obradoiros de elaboración de postais do Nadal son dúas das actividades programadas na cidade
Narón, 12 de decembro de 2018. O local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso, acollerá o vindeiro mércores, día 19, o espectáculo de música infantil Puño, puñete, de Baobab Teatro, que dará comezo ás 18.00 horas. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou da necesidade de inscribirse previamente –de balde- para poder asistir a esta convocatoria, a través do correo electrónico: a.pita@naron.es. Esta iniciativa está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa Nadal en Rede, inserido na Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello de Narón, elixido para levar a cabo esta actividade, tal e como recordou a edil.
O espectáculo Puño, puñete conta con música en directo, cantigas, contos e outras propostas de tradición oral para que os menores aos que se dirixe –está recomendado para nenas e nenos e 1 a 7 anos e as súas familias- desfruten dun mundo de sensacións e emocións. As prazas están limitadas a 35 menores, que deberán ir acompañados, como mínimo, dunha persoa adulta. No momento de inscribirse, explicou Taibo, é preciso que indiquen a través do correo electrónico os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena e do pai, nai ou persoa que o acompañe, enderezo electrónico e teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
En canto ás propostas dirixidas ao público infantil a concelleira de Ensino recordou que nas instalacións da Ludoteca municipal da Solaina se están realizando esta semana –ata mañá- uns obradoiros de elaboración de postais de Nadal. Os menores que acoden ás instalacións deseñan as súas propias tarxetas, entre as 18.00 e as 19.00 horas, e deixan unha mensaxe de Nadal, expoñendo os traballos nas instalacións para que as poidan ver as persoas que se acheguen ata alí. As actividades de Nadal na Ludoteca da Solaina continuarán a vindeira semana con Obradoiros de elaboración de centros de mesa –os días 17 e 19, de 18.00 a 19.00 horas para menores de 7 a 12 anos-; de consumo responsable e xogos e xoguetes non sexistas –o día 20, de 16.00 a 17.00 horas-; contacontos e a visita do Apalpador –o día 18, ás 17.00 horas para menores de 3 a 12 anos e con inscrición previa na propia Ludoteca municipal-.
A concelleira de Ensino e Bibliotecas destacou a variada oferta da programación que se leva a cabo estes días tanto na Ludoteca municipal como na Biblioteca e noutras ubicacións da cidade dirixida ao público infantil, animando á cidadanía a asistir ás diferentes convocatorias, “vencelladas ao Nadal e encamiñadas a fomentar, en función das propostas, a nosa lingua e tradicións entre os nenos e nenas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal