Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN PRESÉNTASE NO CONCELLO
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN PRESÉNTASE NO CONCELLO
A súa Xunta Directiva estivo acompañada por Ángeles Díaz, a quen definiu como a artífice do seu nacemento.
A Asociación de Comerciantes de Narón comezou a súa andaina coa súa presentación nunha rolda de prensa que tivo lugar onte no Concello. Cinco dos sete compoñentes da Xunta Directiva, entre eles o seu Presidente Ricardo Pereira e a súa Vicepresidenta, Lucía Sanesteban, estiveron presentes e acompañados pola Primeira Tenente de Alcaldía, comprometida dende o principio co nacemento desta asociación.

A Asociación de Comerciantes de Narón nace cunha meta principal, dar a coñecer o comercio de Narón, non só os naroneses, senón aos posibles clientes de fora do municipio. Para iso o Concello está xa a traballar nunha guía sobre o comercio de Narón e na elaboración dun censo do mesmo. A asociación tamén ofrece vantaxes ós asociados, como condicións bancarias moi asequibles e participación en campañas que serían moi custosas a nivel particular, como as de Nadal ou a das rebaixas.

Para Ángeles Díaz a asociación de comerciantes era unha carencia do municipio, que freaba os intereses do comercio naronés en xeral, ata o de agora “un gran descoñecido”. A Edila considera que son os propios comerciantes os que coñecen mellor as necesidades do seu sector e as actuacións precisas para solventalas. Asemade, afirmou que a economía de Narón basease en dous pilares: a industria e o pequeno comercio, este último fundamental para a economía diaria.

Ángeles Díaz recordou tamén que xa desde moito atrás o Concello tratou de transmitir esta necesidade asociativa que tiña que ser levada a cabo polos propios comerciantes, e apoiou a iniciativa en todo momento. Tildando de “valentes” ós sete directivos da nova asociación, e abríndolles as portas do Concello para prestarlles toda a axuda posible.

O Presidente da asociación, Ricardo Pereira, agradeceu esa man tendida do Concello e, en especial, o apoio que levan recibido en todo este tempo de Ángeles Díaz, a quen, segundo as súas verbas, a asociación débelle o seu nacemento. Ricardo Pereira manifestou a súa firme convicción de que o comercio naronés ten un enorme potencial, e unha grande calidade e personalidade.

Ata o de agora a asociación conta con 70 integrantes, unha cifra exitosa tendo en conta que aínda non realizou actividades, e está nos seus primeiros pasos. E agardan alcanzar o centenar de asociados a finais de ano. A cuota é de 60 euros anuais. Os comerciantes están chamados a primeira convocatoria da Asociación o vindeiro día 12 de novembro, no Auditorio Municipal de Narón.





Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal