Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO CANTAUTOR ASTURIANO VÍCTOR MANUEL NO PAZO DA CULTURA
A cita será o día 19 de xaneiro e na mesma presentará ao público o seu novo disco, "Casi nada está en su sitio"
Narón, 18 de novembro de 2018. O cantautor asturiano Víctor Manuel presentará o vindeiro mes de xaneiro – o día 19- o seu novo disco, “Casi nada está en su sitio”, no Pazo da Cultura de Narón. O concerto de Víctor Manuel, de aproximadamente unha hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas, e as entradas están xa á venda a un prezo de 35 euros para o público xeral e 24,50 para abonados, desempregados, e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse na billeteira do Pazo e tamén, no caso das do público xeral, na web: www.padroadodecultura.es. “Casi nada está en su sitio” é o primeiro albume de cancións orixinais do artista nos últimos dez anos, con temas que escribiu a comezos de 2018 e que viron a luz a principios do pasado mes de outubro. O disco inclúe un total de trece cancións coas que realiza unha nova xira que traerá ao artista a Narón, donde tamén recordará algúns dos temas máis recoñecidos polo público da súa traxectoria profesional. Nos últimos anos o artista mierense protagonizou a xira “El gusto es nuestro 20 años” e “Cancións regaladas”, así como un libro de memorias e o directo “50 años no es nada”. O concerto do vindeiro mes de xaneiro será o segundo de Víctor Manuel nesta cidade, en donde xa cantou coa súa muller, Ana Belén, con motivo das festas no ano 2008, no paseo marítimo de Xuvia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal