Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLEIRO DE OBRAS PÚBLICAS PIDE EXPLICACIÓNS POLO RETRASO NAS OBRAS DE DESDOBRAMENTO DA VÍA FEVE
O Concelleiro de Obras Públicas, Carlos Ramil, mantivo unha reunión cos responsables de FEVE, da empresa construtora FCC e da dirección de obra Singla, ante a inquietude que xurde no Concello debido ás obras de desdobramento da vía FEVE, paradas e acumulando retraso. Na reunión tratouse de novo o proxecto inicial para acometer as obras necesarias nas infraestruturas para dito desdobramento. Ramil obtivo o compromiso de que serán iniciados de inmediato os ancheamentos no paso do río Pedregal e dous pasos inferiores na zona de A Revolta, de 12 e 5 metros respectivamente. Tamén se acometerá o ancheamento do paso inferior na rúa Armada Española, de 12 metros. Este último suxeito a aprobación da Consellería de Industria e de permiso de Fenosa. O resto de obras do proxecto acometeranse en fases posteriores. Carlos Ramil, pola súa parte, manifestoulles a súa intención de que se leven a cabo todas as obras, por consideralas necesarias e de grande importancia para Narón. Todos os asistentes quedaron emprazados a posteriores reunións nas que se manterá informado ó Concello da súa evolución.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal