Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROXECTA UN INVESTIMENTO DE 259.000 EUROS PARA ENLAZAR OS PASEOS DE FREIXEIRO E XUVIA CUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, explicou que se convocará a unha xuntanza aos propietarios das 62 parcelas que é preciso expropiar no tramo para materializar o proxecto
Narón, 20 de decembro de 2018. O concello continúa avanzando para materializar o proxecto de expropiación do “Parque fluvial de Narón entre a avenida Miguel de Cervantes e Megasa”, que prevé a habilitación dunha senda para peóns e ciclistas con varias áreas estanciais no tramo. A execución deste proxecto, tal e como apuntou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, suporá un investimento de 259.019 euros para a adquisición dun total de 62 parcelas, das 67 localizadas no tramo, ao ser catro propiedade da Demarcación de Costas e unha do Concello. O proxecto permitirá comunicar o paseo de Freixeiro, á altura da avenida Miguel de Cervantes, co de Xuvia, pasando polo muíño das Aceñas. En total será preciso dispoñer duns 70.000 metros cadrados de terreos, dos que na actualidade algo máis de 20.000 son propiedade da administración local. O trazado do paseo discorrerá paralelo ao río Freixeiro desde a citada avenida ata o camiño de Cobas, pola marxe dereita, para rematar nas inmediacións da empresa Megasa, enlazando co paseo de Xuvia. Na marxe esquerda a senda terá un carácter máis urbán, recuperando a servidume de tránsito existente, tal e como apuntou Ramos. O concelleiro avanzou ademais que o proxecto incluirá áreas estanciais ao longo da senda fluvial, que se habilitarán nas parcelas colindantes ao río. O edil naronés avanzou que se convocará desde o Concello ás persoas propietarias de terreos na zona para explicarlles o grao de afectación nas súas propiedades e para aclarar as cuestións que consideren oportunas. O proxecto de expropiación terá que someterse a aprobación plenaria para posteriormente expoñelo ao público durante un prazo dun mes. “Co fin de continuar ampliando os espazos de lecer, apostamos por este novo proxecto, que nos permitirá habilitar un gran pulmón verde na cidade, cumprir un compromiso adquirido polo goberno local e desfrutar do entorno natural do noso concello por tramos habilitados para este fin”, asegurou Ramos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal