Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITARÁ EN 30,3 MILLÓNS DE EUROS O SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS E LIMPEZA VIARIA PARA OS PRÓXIMOS DEZ ANOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, presentaron os pregos do contrato, que inclúen importantes melloras no servizo
Narón, 28 de decembro de 2018. O Concello de Narón licitará en 30,3 millóns de euros o contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e limpeza viaria para os vindeiros dez anos. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que esta mañá deu a coñecer as características do plego de licitación xunto co edil de Servizos, Ibán Santalla. A rexedora local subliñou que no novo contrato se inclúen varias melloras con respecto ao servizo que se presta na actualidade. Entre elas explicou que se engadirá no mesmo a limpeza viaria dos polígonos industriais da Gándara, As Lagoas e Río do Pozo, donde se realizaba esta tarefa de xeito puntual. “Consideramos que o actual contrato e bo pero hai algúns apartados que se poden mellorar e nos que queríamos actuar, como os polígonos industriais, os puntos limpos de proximidade e os desbroces na zona rural”, apuntou Ferreiro. O importe máximo anual deste contrato será de 3.036.923 euros, unha contía coa que se recollerán os residuos municipais, se trasladarán á planta de transferencia ou xestor autorizado e se limparán e desbrozarán vías urbanas, semiurbanas, rurais e os polígonos industriais. Outro dos puntos recollidos no novo contrato, apuntou a alcaldesa, é a subrogación dos postos de traballo actuais “co que se manterá o persoal que está realizando actualmente este servizo na compañía que finalmente resulte adxudicataria do novo contrato, no caso de que sexa outra empresa”. Ferreiro indicou que o plego está dispoñible na plataforma Narón Participa e que se poden presentar actualmente propostas de mellora, que serán valoradas desde o Consistorio. O edil de Servizos asegurou que o sistema de recollida pasará a ser trala sinatura do novo contrato de carga lateral, operando desde a cabina dos camións e manténdose unicamente a carga traseira para aquelas zonas donde a recollida se realice mediante un acceso máis complicado. Ese cambio a carga lateral implicará, tal e como explicou Santalla, “a renovación da contenerización no termo municipal, substituíndo os actuais contenedores de carga traseira e superior. Os de 360 litros cambiaranse por outros cunha capacidade de 3.200 litros nos polígonos industriais e nos centros comerciais e zonas donde se localicen varios establecementos a capacidade será de 1.800 litros”. Un dos obxectivos é evitar desbordamentos, o que se acadará tamén incrementando as frecuencias de recollida. Sobre este asunto, Santalla recalcou que a empresa concesionaria do servizo disporá dun prazo de 48 horas para que no caso de que se detecte algún desbordamento nos contenedores, se solvente a situación nese período máximo de tempo. Así mesmo, Ferreiro incidiu no feito de que se eliminarán os contenedores soterrados localizados nas isletas localizadas nas inmediacións da Biblioteca municipal, e nos barrios da Gándara, A Solaina, Piñeiros e Xuvia. “Estas isletas pasarán a ter un novo uso como puntos limpos de proximidade, co que as veciñas e veciños poderán depositar nas mesmas calzado e roupa usados, pilas, baterías, bombillas…”. Nos dous primeiros anos, apuntou, a empresa terá que implantar tamén a recollida de orgánicos. No caso da zona rural tamén se contemplan melloras importantes en canto aos desbroces. A empresa adxudicataria, tal e como consta no plego, terá que dispoñer de tres tractores máis para realizar estas tarefas, co que dos dous que actualmente as executan, retirarase un –o máis vello- e quedarán operativos catro. “Esta medida permitiranos realizar o doble de desbroces ao ano na zona rural, de tal xeito que se estábamos facendo catro ao ano, a maiores dalgún puntual en determinados casos, poderanse realizar oito, co que iso suporá de cara ao mantemento por exemplo das pistas da parcelaria”, destacou Santalla. No plego deste servizo tamén se valorarán, entre outros puntos, que as empresas inclúan unha barredora de baixo nivel de ruído para traballar no horario de 5.00 a 7.00 horas; o uso de furgonetas eléctricas para labores de control e apoio; a renovación de papeleiras por riba das 250 esixidas e a realización dun preacordo cun centro de emprego especial ou empresas de inserción laboral de Galicia que promovan o emprego de persoas con dificultades de integración no mercado laboral (discapacitados).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal