Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MULLER ORGANIZA A EXPOSICIÓN "FEMMES" DE DULCE ANCA
Permanecerá aberta ata o día 27 de novembro na sá de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto
A Concellería de Igualdade e Atención ás Persoas Maiores, no marco do I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón, achega a Narón a exposición “Femmes”, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro día 25. A exposición, definida como unha ollada na sensualidade que se extende ó concepto de vida e natureza, permanecerá aberta ata o día 27 deste mes na sá de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto. O seu horario será de 16 a 20 horas de luns a venres. As obras expostas baséanse na ecuación Femme=Vida=Natureza, e na creación, a sensación e a intuición. Unha fusión que está chea de enerxía e xera beleza, forza, convulsión. Femme metamorfosea o feminino e quere ó igual ca Natureza. Dulce Anca conta cunha extensa traxectoria pictórica e actualmente imparte obradoiros de debuxo e pintura da Casa da Xuventude en Ferrol. Por outra banda, a autora participará no Foro de Cidadás que terá lugar o próximo día 26 de novembro, tamén organizado pola devandita Concellería. A finalidade do foro é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres onde establecer redes de apoio mutuo, compartir experiencias e intercambiar opinións. Ademais, o Foro pretende servir de nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello, fomentando así a cidadanía activa das mesmas, pasando de ser obxecto das políticas públicas a ser o suxeito das mesmas, co exercicio dos seus dereitos. Dulce Anca contribuirá ó Foro co obradoiro “Arteterapia contra a violencia de xénero”, ás 17 horas, onde se buscará que as mulleres poidan explorar, aclarar e reconstruír as relacións consigo mesmas e coas demais persoas mediante diferentes modalidades de expresión artística.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal