Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS NO CONCELLO OS CATRO VALES DE COMPRA SORTEADOS A TRAVÉS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
Algo máis de 120 establecementos comerciais da cidade adheríronse a esta iniciativa impulsada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón
Narón, 11 de xaneiro de 2019. O Concello de Narón acolleu esta mañá o acto da entrega de premios da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada a través do Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón. O edil de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e Alba Dopico, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón, participaron na entrega dos vales da campaña, dous de 500 euros e outros dous de 300. O edil naronés agradeceu a elevada participación nesta campaña, na que se implicaron algo máis de 120 establecementos comerciais da cidade, e felicitou aos gañadores tanto dos catro vales entregados hoxe como das catro cestas con produtos de Nadal sorteadas o pasado mes de decembro. Os vales de 500 euros foron para Noemí Penedo, veciña de Narón e cunha papeleta selada no comercio Bioreona e Sara Fernández, de Fene e que depositou a papeleta premiada no comercio Cande Interiorismo. En canto aos vales de 300 euros, foron para Diego Pita, veciño de Narón e que selou unha papeleta no establecemento Carlos Carballeira Fotografía, e Verónica García, de Valdoviño, por outra selada en Mayka Moda. Representantes dos establecementos nos que se depositaron as papeletas premiadas –o sorteo realizouse onte no Concello- acudiron tamén á convocatoria desta mañá. A vindeira semana os catro gañadores dos vales visitarán comercios de Narón para gastar o importe dos mesmos, debendo realizar as compras como mínimo en tres locais comerciais adheridos a esta campaña, tal e como se recolle nas bases desta iniciativa. En total recolléronse unhas 30.000 papeletas nos máis de 120 establecementos adheridos a esta campaña. O edil de Promoción Económica valorou a implicación do sector comercial da cidade nesta e noutras iniciativas e tamén agradeceu a participación das veciñas e veciños de Narón e doutros concellos que realizaron durante esa tempada, e tamén o fan noutras épocas do ano, as súas compras en establecementos da cidade. “O pequeño e mediano comercio de Narón ofrece unha gran variedade de produtos de calidade e cunha atención moi personalizada, dous factores que fan que o sector sexa hoxe en día unha referencia na cidade”, apuntou Gómez Fandiño. O concelleiro comprometeu o respaldo do Concello a cantas iniciativas se organicen de cara a impulsar ao pequeno e mediano comercio de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal