Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A POLICIA LOCAL COMBINA DEPORTE, EDUCACIÓN VIAL E HISTORIA NAS RUTAS CICLISTAS PARA ESCOLARES
A POLICIA LOCAL COMBINA DEPORTE, EDUCACIÓN VIAL E HISTORIA NAS RUTAS CICLISTAS PARA ESCOLARES
A primeira saída levou os nenos de A Solaina ó castro de Eiravedra
O Concello de Narón pon de novo en marcha as rutas ciclistas para os nenos dos colexios do municipio, que combinan dun xeito lúdico deporte, educación vial e historia. A Policía Local organiza o programa de saídas, coordina as actividades e imparte os coñecementos básicos de educación vial; tanto a nivel teórico con exposicións nos colexios, como a nivel práctico coas rutas en bicicleta marcadas. A técnico auxiliar do arquivo, Anabel Bello Platas, súmase este ano tamén á iniciativa para aportarlle un matiz histórico, con charlas adaptadas a idade dos rapaces sobre a historia do municipio e das zonas visitadas.

O programa de actividades comezou esta mañá coa visita de medio centenar de alumnos de A Solaina ó castro de Eiravedra. Os nenos desprazáronse en tren ata Sedes, e, unha vez alí, subiron ata o castro en bicicleta, onde viviron unha introdución ó mundo castrexo, a súa historia, e a forma de vida dos habitantes dos castros. Tamén tiveron acceso a mostras de cerámica, torques, e a unha reprodución do plato de Eiravedra, propiedade do Concello. Os escolares recibiron un bocadillo e un refresco antes da súa volta ó colexio. A compañía Coca-Cola colabora coa iniciativa neste senso.

A Policía Local levará esta iniciativa a dez colexios de Narón, en actividades que se desenrolarán ata o día 10 de decembro. A seguinte cita será hoxe. Visitarán o colexio Ayala ás 9:00 horas, para dar unha charla ós nenos de 1º e 2º curso, e farán unha saída a Xuvia as 15:30 horas cos rapaces do colexio Santiago Apóstol de 5º e 6º ano.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal