Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU UN DOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
O CONCELLO ACOLLEU UN DOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, organizada en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática e na que participou tamén alumnado e profesorado do colexio Santiago Apóstol, ademáis de representantes da corporación local
Narón, 25 de xaneiro de 2019. Un grupo de medio cento de alumnas e alumnos de cuarto curso de Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón participou esta mañá no Concello nos actos de conmemoración do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. O Consistorio e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizaron un ano máis esta convocatoria. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu o acto, acompañada polos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García; BNG, Teresa Sabio, e polas edís de Cultura e Ensino, María del Carmen Espada e Mercedes Taibo, respectivamente. O presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández, e o secretario da entidade, Enrique Barrera, así como docentes do colexio Santiago Apóstol participaron neste acto.
Ferreiro foi a encargada de dar a benvida ao Concello ao alumnado e profesorado pola súa implicación neste acto e asegurou que con convocatorias como a de hoxe "pretendemos que estes feitos históricos non queden no esquecemento e garantir que non se volvan repetir". A rexedora local destacou tamén o traballo realizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática para, a continuación, dar a palabra ao secretario da citada entidade, Enrique Barrera. Este último valorou a colaboración do Concello e ofreceu ao alumnado un breve resumo do xenocidio que tivo lugar en Europa baixo o réxime nazi de Alemaña, ao tempo que leu unha serie de poemas alusivos a esta época.
Unha vez no salón de plenos seis rapazas e rapaces encargáronse de acender outras tantas velas: unha en recordo dos dous millóns de menores que morreron nesa época, outra para os cinco millóns de xudeus adultos que foron asesinados, unha terceira para os seis millóns de persoas de colectivos como xitanos, homosexuais, discapacitados... que foron exterminados, outra en recordo dos 8.300 españois que morreron nos campos nazis, dos que unha vintena eran naturais da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, unha quinta en homenaxe tamén a aquelas persoas que sobreviviron a esta barbarie e outra para todos aqueles que axudaron a salvar vidas.
Antes de celebrarse o acto no Concello os estudantes, acompañados de profesorado, representantes do goberno local e persoal da Asociación Memoria Histórica Democrática, desprazáronse ao baixo da Biblioteca municipal para ver a exposición Galegos en Mauthausen. A mostra está integrada por preto de medio cento de imaxes relacionadas co Holocausto e foi Enrique Barrera a persoa encargada de ofrecerlles as explicacións oportunas aos rapaces e rapazas. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 2 de febreiro de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00. A edil de Cultura avanzou que se ofrecerá aos centros escolares da cidade a posibilidade de realizar visitas guiadas concertadas -con grupos de alumnos- nas que Enrique Barrera explicará o contido da mostra aos rapaces e rapazas.
Os actos organizados polo Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática incluíron tamén unha charla que tivo lugar o pasado día 17 no colexio Santiago Apóstol e na que Barrera impartiu unha conferencia sobre "Euxenesia e Holocausto" a este mesmo grupo de alumnas e alumnos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal