Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INSTALA UNHA VINTENA DE CAMBIADORES PARA BEBÉS EN LOCAIS SOCIAIS DA ZONA URBANA E RURAL E NOS EDIFICIOS PÚBLICOS
O CONCELLO INSTALA UNHA VINTENA DE CAMBIADORES PARA BEBÉS EN LOCAIS SOCIAIS DA ZONA URBANA E RURAL E NOS EDIFICIOS PÚBLICOS
O Pazo da Cultura e o local social do Alto dispoñen desde hai tempo deste servizo, que se amplía a outros edificios e instalacións municipais con cargo a un investimento de 6.000 euros, tal e como apuntou o edil de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 25 de xaneiro de 2019. Locais sociais da zona urbana e rural e edificios públicos da cidade que aínda non dispoñen do servizo contarán nas vindeiras semanas con cambiadores para bebés nos seus aseos. Instalacións como O Pazo da Cultura ou o local social do Alto contan desde hai un tempo con este equipamento, se ben nos vindeiros días o Concello iniciará a súa instalación noutros espazos ata colocar un total de vinte e tres, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla.
A actuación, que levan a cabo empregados municipais, supón un investimento ás arcas locais duns 6.000 euros, e con cargo á mesma, tal e como apuntou o edil, “tratamos de mellorar o acondicionamento dos aseos para que as nais e pais poidan dispoñer destes cambiadores para bebés nos edificios e instalacións municipais que carecían deste servizo”. En canto á cantidade que se colocará con cargo a esta partida Santalla explicou que “nalgúns casos haberá dous ou máis, atendendo á posible demanda que en momentos puntuais se poida rexistrar, pero unha vez que estean todos operativos, en función das necesidades, estudaremos a viabilidade de colocar unha maior cantidade no caso de que se detecte esa necesidade”.
Locais sociais, espazos culturais, deportivos e o propio Concello, así como os aseos públicos do parque fluvial de Freixeiro, disporán nas vindeiras semanas deste tipo de servizo. “As familias con menores ao seu cargo poderán utilizar estes cambiadores, dispoñendo así de maior comodidade e hixiene á hora de cambiar aos nenos e nenas”, apuntou o edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal