Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO AMPLIARÁ O SEU ARQUIVO FOTOGRÁFICO COA COLABORACIÓN DOS VECIÑOS
O CONCELLO AMPLIARÁ O SEU ARQUIVO FOTOGRÁFICO COA COLABORACIÓN DOS VECIÑOS
As fotografías prestadas serán escanadas e axuntadas ó fondo dixital municipal
O Concello de Narón, dende a Concellería de Novas Tecnoloxías, pon en marcha unha iniciativa para enriquecer e dar a coñecer o seu arquivo fotográfico, baseada na colaboración dos veciños. Trátase de recopilar fotografías históricas do municipio e das súas xentes, así como de costumes e eventos característicos da zona, cedidas por particulares ó Concello o tempo necesario para escanalas e así incorporalas ó fondo dixital municipal. Tralo proceso, todas serán devoltas ós seus donos.

As fotos dixitalizadas pasarán a formar parte dos contidos da nova páxina web do arquivo municipal www.arquinaron.es, que ultima detalles para estar operativa. Unha web que será un medio eficaz na difusión de Narón, e que porá os contidos do arquivo fotográfico a disposición de todos os interesados en coñecer o municipio.

A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González, destacou “a ilusión posta no proxecto, ademais da importante labor de conservación que levarase a cabo”, ó darlle ás imaxes perpetuidade no tempo, cousa que non consegue o papel fotográfico. A Edila pediu a participación dos veciños de Narón na conformación dun “arquivo de todos e para todos”.

Todos aqueles interesados en aportar as súas fotografías deberán entregalas no Concello, cumprimentando os impresos adxuntos (páxinas 2-5), dispoñibles en galego e castelán, que farán á súa vez de resgardo da entrega mentres non se produce a devolución das fotos. Proximamente, os formularios tamén estarán dispoñibles para descargar na devandita páxina web.

Para máis información poden poñerse en contacto coa auxiliar do arquivo no teléfono 981337700 Ext. 280



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal