Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO RECIBE ÓS INTEGRANTES DO PROXECTO "CORDON VERDE"
O CONCELLO RECIBE ÓS INTEGRANTES DO PROXECTO
Trátase dunha iniciativa de cooperación transnacional de sensibilización e concienciación medioambiental
O Concello de Narón recibiu a visita dos integrantes do proxecto de cooperación “Cordón Verde para el Suroeste de la Península Ibérica”, como punto de inicio do “III Intercambio de Experiencias” que este colectivo desenrolará en toda a provincia ata o vindeiro venres. A iniciativa parte dun desexo de intercambiar experiencias, actuacións e directrices ambientais para encamiñar as diferentes propostas a tarefas de sensibilización da poboación e concienciación medioambiental da cidadanía, así como chamar a atención das administracións para unha mellor xestión dos recursos naturais.

Basicamente trátase de visualizar diversas actuacións levadas a cabo en zonas de interese ambiental dende diferentes campos (natural, artístico, ambiental, social, cultural etc.) Actuacións como traballos de reforestación e recuperación de zonas incendiadas, prácticas de agricultura e gandería ecolóxica ou biolóxica, proxectos de educación ambiental, turismo sostible, ou biodiversidade.

Ata o Concello chegaron presidentes, xerentes e técnicos dos Grupos de Desenrolo Rural: Corredor de la Plata, Aljarafe-Doñana, Cuenca Minera, Condado de Huelva e Andévalo Occidental. Así como os alcaldes de Gerena (Sevilla), El Castillo de las Guardas, El Ronquillo, Villamanrique, Berrocal (Huelva), e o Delegado Provincial de Medio Ambiente de Huelva. Todos eles compoñentes do devandito “Cordón Verde”.

Os vintecinco participantes foron recibidos no Concello polo Alcalde, Xoán Gato, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e representantes dos grupos políticos da Corporación. Tras unha visita guiada ó Consistorio, todos os participantes do encontro reuníronse para ese intercambio de experiencias e posta en común de ideas. Ao fin da reunión, realizaron unha visita ó Parque Temático Integrado de Desenvolvemento Rural Aldea Nova, guiada polo xerente do parque.

A visita a Aldea Nova era un dos puntos básicos no programa de “Cordón Verde” polo seu carácter de absoluta integración no territorio natural no que está localizado, e por adoptar as medidas básicas de conservación natural que poderían ser extrapolables a toda Galicia. Ademais, Aldea Nova, difunde o coñecemento en materia de enerxías limpas, ensinando cómo integrar as tecnoloxías e enerxías renovables na vida rural, coa fin de mellorar a calidade de vida e rentabilizar ao máximo as labores do campo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal