Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA VISITARON ESTA MAÑÁ O CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuníuse cos menores no salón de plenos, donde respostou a cantas preguntas lle formularon
Narón, 5 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no salón de plenos a unha vintena de nenas e nenos de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia. Os menores viron trala súa chegada o vídeo Nara de Narón -http://naradenaron.es/- e despois sentáronse nos espazos que ocupan nas sesións plenarias os concelleiros e concelleiras da corporación para recibir a Ferreiro. Unha vez que se reuniron coa rexedora local interesáronse polo seu traballo á fronte do goberno local e tamén por algúns espazos públicos da cidade. Antes de despedirse a alcaldesa entregoulles como agasallo un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”. Os escolares visitaron a continuación as dependencias que a Policía Local ten no Consistorio, o Arquivo municipal e o Rexistro antes de regresar de novo ás súas aulas. A visita programada esta mañá foi a primeira deste curso ao Concello no marco do programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola, impulsado a través da Concellería de Ensino en colaboración co Servizo Sociocomunitario Municipal. Polo momento están pechadas outras visitas ao Consistorio, ata o mes de maio, se ben a seguinte terá lugar o día 12 de febreiro, e na mesma participarán alumnas e alumnos de educación Infantil do CPI do Feal. A maiores das visitas programadas ao Concello, este programa inclúe tamén saídas do alumnado de Infantil e Primaria dos centros de ensino da cidade ás instalacións do Speis (no polígono de Río do Pozo), á Biblioteca municipal do Alto do Castiñeiro e ao Pazo da Cultura, neste último caso tamén cunha parada nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, donde participan cos usuarios e usuarias destas instalacións en actividades de marcado carácter interxeracional.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal