Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE COA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE PARA INTERESARSE POLA IMPLANTACIÓN DA QUINTA FRACCIÓN DE RECOLLIDA DE LIXO NA CIDADE
A titular da Consellería de Sanidade, Ángeles Vázquez, felicitou á alcaldesa, Marián Ferreiro, tras coñecer que os plegos do novo contrato do Concello inclúen xa a implantación da quinta fracción
Narón, 8 de febreiro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse a Compostela para manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. A rexedora local solicitou a xuntanza para abordar coa titular da citada Consellería a próxima implantación en Narón da quinta fracción da recollida selectiva de residuos orgánicos, e máis concretamente o seu transporte ás instalacións axeitadas para o seu tratamento. A alcaldesa explicoulle a Vázquez que o plego do novo contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e limpeza viaria do Concello, que actualmente están valorando técnicos municipais para proceder á súa licitación, contempla o feito de que no segundo ano –dos dez do contrato por importe de 2,6 millóns de euros ao ano- a concesionaria implante na cidade a quinta fracción, separando os residuos orgánicos para transformalos en fertilizantes, a modo de abono orgánico. Nos novos contenedores marróns poderanse depositar: restos de comida non cociñada, de vexetais (flores…), algúns produtos derivados da madeira (serrín…), e restos de papel (de cociña, servilletas, pañuelos…). A titular de Medio Ambiente felicitou aos representantes do goberno local por incluír no plego este requisito, avanzando deste xeito en materia de compostaxe e tamén nos obxectivos marcados pola Comisión Europea para o ano 2020, que pasan pola reutilización e o reciclado do 50% dos residuos das cidades. Na reunión Ferreiro interesouse polas previsións da Xunta en canto ao tratamento dos residuos da quinta fracción, xa que na actualidade na planta de Sogama só se tratan os procedentes de concellos que se atopen nun radio de 45 quilómetros, moi inferior ao de Narón. A alcaldesa indicoulle tamén á titular de Medio Ambiente que na comarca, concretamente no termo municipal de As Somozas, existe unha planta pero que na actualidade non está acondicionada para este tipo de recollida. Pola súa parte, Ángeles Vázquez explicou que a Xunta de Galicia é coñecedora desa situación e está traballando para solventar ese problema. Así mesmo, asegurou que no caso concreto de Narón non habería problemas para que neses dous anos de prazo se puidesen tratar os residuos procedentes da separación orgánica. Unha vez rematada a xuntanza Ferreiro valorou “a atención e a vontade amosada por Ángeles Vázquez para que o Concello de Narón poida continuar avanzando neste procedemento sen atopar problemas á hora de implantar a quinta fracción”. A alcaldesa agradeceu o feito de que “a conselleira de Medio Ambiente valore o traballo que estamos realizando nesta área desde o goberno local co novo plego, que confiamos en poder levar ao pleno en breve para proceder á súa licitación co fin de cumprir canto antes os obxectivos marcados para o ano 2020 pola Comisión Europea”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal