Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DAS OBRAS TEATRAIS "CASA O´REI" E "ADESHORAS"
As entradas para ver estes espectáculos teatrais poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 11 de febreiro de 2019. O teatro centrará a programación desta fin de semana no Pazo da Cultura, con dous espectáculos, Casa O´Rei e Adeshoras, que o sábado 16 e o domingo 17, respectivamente, se representarán para o público familiar e infantil. A primeira das citas correrá a cargo da compañía Ibuprofeno Teatro, que completa unha triloxía gastronómica con Casa O´Rei, que se representará o sábado a partir das 20.00 horas. As entradas para esta proposta cultural poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O autor do texto, Santiago Cortegoso, baseouse na obra O Rei Lear, de Shakespeare, ambientándoa para esta ocasión nunha típica casa de comidas galega. Un vello enfermo, Manolo Rei, é o protagonista desta peza teatral, na que prepara un cocido e reúne ás súas fillas para repartir entre elas a casa familiar, sen esperar que saian a relucir a traizón e o desprezo. O domingo será o turno da compañía Berrobambán, que a partir das 18.30 horas representará no Pazo a comedia Adeshoras, escrita e dirixida pola contacontos galega Paula Carballeira. É precisamente unha muller a protagonista desta obra, baseada na lectura dun libro que conta as historias do mundo enteiro e que ao non lembrar quen é ela, unha clown desmemoriada, pode ser a protagonista principal de calquera deses contos. Nun momento da historia, unha inesperada visita fai que se recoñeza no espello e se sinta unha nena perdida que finalmente se atopa. As entradas para esta obra teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal