Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO MÓSTRASE SATISFEITO DO ACERCAMENTO DE POSTURAS NO TEMA DO SANEAMENTO
O GOBERNO MÓSTRASE SATISFEITO DO ACERCAMENTO DE POSTURAS NO TEMA DO SANEAMENTO
A pasada Xunta de Portavoces celebrada no Concello supuxo un acercamento de posturas entre o Goberno Municipal e a oposición no tema do saneamento, que podería ser o inicio da solución definitiva ao conflito. Así o declararon Xoán Gato (TEGA) e Carlos Ramil (PP), como representantes do Goberno nunha rolda de prensa posterior á xunta.

No punto das Axudas públicas a débedas tributarias sobre abastecemento de auga e rede de sumidoiros, PSOE e BNG presentaron unha proposta conxunta que non se afasta demasiado da proposta inicial de PP e TEGA. A proposta do goberno estaría enmarcada nas Axudas Extraordinarias para a Zona Rural, e poderían acceder a ela todos os propietarios que xa satisfaceren ou deban satisfacer as taxas aprobadas en vigor. Tendo en conta dous parámetros: o número de membros da unidade familiar e a súa renda total máxima. Entendendo por unidade familiar o total das persoas que conviven no domicilio, e por renda total máxima, os ingresos brutos anuais, determinados a efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

O cadro de importes é o seguinte:


Nº de membros da unidade familiar Importe da renda total máxima da unidade familiar para acceder ás axudas
1 ou 2 Ata 15.150 € anuais
3 ou 4 Ata 29.400 € anuais
Máis de 4 membros Ata 33.600 € anuais


Dentro de cada grupo, dependendo do importe da renda dentro da marxe máxima establecida, as axudas serán do 95%, 70%, 30% e 10%. O gasto aproximado das axuda ascendería a 170.000€ e se habilitaría unha partida dos presupostos para asumilo, que se pasará o presuposto da empresa Cosma.

Aínda á espera da análise polos técnicos municipais da nova proposta, Xoán Gato afirmou que a nova proposta de PSOE e BNG, baséase nunhas bases moi parecidas e só presenta algunhas modificacións, como os baremos para conceder as axudas. Na nova proposta estes baremos son máis curtos, pasando por 7 porcentaxes, en lugar das 4 porcentaxes da proposta do goberno.

Para o Alcalde, isto supón un acercamento á filosofía do Grupo de Goberno que sostén que o Concello debe seguir adiante, recadando os impostos nos casos dos veciños que si poidan pagalos, e axudando a aqueles outros que non poidan facer fronte ós pagos, con medidas como as plantexadas. Gato móstrase convencido da posibilidade de que, despois dos pertinentes estudos, xurda unha proposta intermedia

Carlos Ramil destacou o esforzo que se fixo desde que se conformou a coalición de goberno para dar solución a este conflito do saneamento, e declarou que por primeira vez avístase un camiño de saída para o mesmo, e que seguirán a traballar para chegar a un punto de encontro.

Por outra parte, o edil popular recordou que as subvencións terán un carácter retroactivo e beneficiarán tamén a todos os que xa fixeron o pago do enganche á rede, e que a todos os veciños se lles informará das subvencións ás que poden acceder por comunicación municipal.

Asemade, os recibos de Cosma constarán no seu reverso de toda a información sobre estas axudas.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal