Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PREVISIÓN MUNICIPAL PARA O REMATE DAS OBRAS DE SAN MATEO É DE QUINCE DÍAS
A PREVISIÓN MUNICIPAL PARA O REMATE DAS OBRAS DE SAN MATEO É DE QUINCE DÍAS
Pablo Mauriz apela á comprensión dos veciños, que teñen que sufrir temporalmente as molestias das futuras melloras
O Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, fixou o remate das obras de San Mateo para finais deste mes, sempre que o permitan as condicións metereolóxicas. Mauriz afirmou que o Concello está a punto de rematar o firme das pistas, e apelou a comprensión dos veciños que teñen que sufrir temporalmente as molestias derivadas do acondicionamento das melloras no saneamento.

O vindeiro día 19 está previsto empezar o aglomerado das devanditas pistas, aínda que podería retrasarse no caso de que haxa chuvia, xa que o procedemento precisa tempo seco durante uns días.

Asemade, o Edil anunciou que en aproximadamente 15 días comezarán os traballos para levar os servizos de auga e sumidoiros ós veciños de Pedroso. Beneficiaranse das obras de saneamento 135 vivendas. Será xa nos meses de abril e maio, cando se conectarán as obras de saneamento á depuradora que xa posúe a parroquia.

Mauriz recalcou que os veciños non son nunca perxudicados polo saneamento, senón beneficiados, aínda que teñan que sufrir pequenos contratempos temporais por culpa das obras.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal