Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APRAZADA A MARCHA CICLISTA CORREDOIRO ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO ENTROIDO
As previsións de mal tempo obrigaron ao Concello a pospoñer a cita, para a que aínda é posible anotarse, ao próximo domingo 10 de marzo
Narón, 4 de marzo de 2019. O Concello de Narón aprazou, debido ás previsións de mal tempo para mañá, a Marcha Ciclista Corredoiro organizada en colaboración co Club Clásico BikeWorks con motivo do Entroido. A cita posponse ata o vindeiro domingo, día 10, e aínda quedan prazas dispoñibles, co que as persoas interesadas en asistir poden anotarse -de balde- nas instalacións de BikeWorks (no número 453 da estrada de Castela) ou o propio día 10 antes do inicio do percorrido. Os participantes, que deben ir disfrazados, sairán ás 10.30 horas do Parque fluvial de Freixeiro desde onde se dirixirán pola estrada de Castela ao paseo de Xuvia para, tras un pequeno descanso, regresar de novo a Freixeiro. Os nenos e nenas deberán ir en bicicleta sen rodíns e no caso de ser menores de 16 anos acudir acompañados dunha persoa adulta. Así mesmo, desde a organización incídese na obrigatoriedade de acudir disfrazado e con casco durante todo o percorrido.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal