Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA MESA REDONDA ABRE MAÑÁ O PROGRAMA DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR
UNHA MESA REDONDA ABRE MAÑÁ O PROGRAMA DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR
O Pazo da Cultura acollerá este ciclo que inclúe a maiores sete monólogos protagonizados maioritariamente por mulleres
Narón, 6 de marzo de 2019. O Pazo da Cultura acollerá mañá o primeiro dos actos do programa do Festival do monólogo teatral Singular, este ano con carácter internacional (espazo asociado a Redelae e no que colabora a Feira de Teatro de Donostia, Dfeira) e con máis funcións, un total de sete das que a maioría interpretan mulleres e cunha firme aposta pola creación galega. Esta iniciativa, impulsada a través do Padroado da Cultura e que alcanza este ano a súa cuarta edición, comezará mañá cunha mesa redonda no Café Teatro do Pazo, que dará comezo ás 19.00 horas. María Barcala, Marián Bañobre, Mercedes Castro e Xesús Ron, todos eles recoñecidos profesionais das artes escénicas, moderados pola actriz naronesa Iolanda Muíños, falarán no acto sobre “Como enfrontarse á creación dun espectáculo unipersoal”. Á mesa redonda poderán asistir todas as persoas que o desexen ata completar o aforo, se ben o prezo das entradas para os monólogos que se desenvolverán entre o 9 e o 29 deste mes é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.
O sábado día 9 deste mes terá lugar o primeiro dos sete monólogos que forman parte do programa do Festival Singular. A cita será no Pazo da Cultura, a partir das 20.00 horas e estará protagonizada pola actriz andaluza Rosario Pardo, que interpretará Los días de la nieve. Unha costureira chamada Josefina é a protagonista deste monólogo que parte do encargo de facer un vestido azul de mar e sobre o que traballa realizando un repaso por toda a súa vida. Este espectáculo está nominado aos Premios Max 2019.
O domingo día 10 será o turno do polífacetico xornalista, escritor e xestor cultural Freddy Ginebra, da República Dominicana, con Un sueño, una casa, medio siglo y muchas historias, que se poderá ver no Café Teatro do Pazo ás 19.00 horas. Unha casa de teatro ubicada na zona centro de Santo Domingo ubica esta obra, ambientada na época da ditadura, e na que non falta o humor.
A terceira representación deste ciclo terá lugar o día 15 de marzo, tamén no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20.30 horas. A quinta do cuadrante, unha compañía galega, traerá a Narón O Empapelado amarelo, unha obra que reflexiona sobre a problemática contemporánea do papel da muller como nai, poñendo en cuestión a visión tradicional dos roles de xénero dentro do fogar. A actriz Melania Cruz é a protagonista deste monólogo.
Continuará o Festival Singular o día 16 coa obra Yo no estoy loca, de Teatro Petra, de Colombia, e que se poderá ver no Pazo a partir das 20.00 horas. O papel da muller centra tamén a temática deste espectáculo, no que se sae dos cánones tradicionais a pesares de ser os que marca a sociedade na que se ambienta. Unha infidelidade é o tema central desta peza, baseada en feitos reais e na que se fai crer que a esposa á que lle foron infiel está tola.
O 22 de marzo será o turno da compañía madrileña Teatro El Barrio, que traerá a Narón o monólogo Emilia, que representará a partir das 20.30 horas no Pazo. Trátase da primeira parte da triloxía Mulleres que se atreven, na que se aposta por destacar o papel que xogaron varias mulleres na historia. Emilia reflicte a loita da novelista galega Emilia Pardo Bazán, unha escritora do século XIX que tratou de ingresar na Real Academia da Lingua, algo que non vían con bos ollos algúns dos seus contemporáneos. Pilar Gómez, protagonista do espectáculo, obtivo o Premio Max 2018 á Mellor actriz.
O espectáculo Tanatorium, de Félix Albo, todo un clásico contador de historias na programación do Padroado da Cultura de Narón, poderá verse o 23 de marzo a partir das 20.00 horas. O humor centra esta proposta, na que non faltan o humor e as emocións. Félix Albo métese na pel dun home que entra no recibidor dun tanatorio donde se vai a luz e a continuación comeza un soliloquio no que percorre varias vidas ata chegar á súa.
Pechará o Festival Singular unha compañía galega, Mona Productora, o día 29 de marzo. O espectáculo Anatomía dunha serea, poderá verse a partir das 20.00 horas, unha proposta de teatro documental na que a protagonista é unha muller, Iria Pinheiro, que padeceu violencia obstétrica durante un embarazo e o posterior parto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal