Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ACHEGA A NARÓN A EXPOSICIÓN PIONEIRAS
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ACHEGA A NARÓN A EXPOSICIÓN PIONEIRAS
A inauguración terá lugar hoxe, día 17, ás 20 horas no Auditorio Municipal
A Concellería de Igualdade e Maiores, no seu traballo por desenrolar actividades enmarcadas no I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón, achega a Narón a exposición Pioneiras que será inaugurada hoxe, día 17, as 20 horas. A exposición ten por obxectivo fundamental facer visibles as caras, as historias e as memorias das mulleres pioneiras galegas; mulleres que inician a exploración de novas terras e que van abrindo camiño a outras en calquera actividade.

Na Galiza, na terra das “viúvas de vivos e mortos”, mentres tantos homes galegos exploraban novos horizontes xeográficos na procura do pan, moitas mulleres galegas ficaban a explorar novos horizontes persoais sen se mover da terra, emprendendo aventuras económicas que non estaban incluídas no papel asignado a elas polos roles de xénero da época e que tiveron ás veces grande éxito que perdura na actualidade.A súa memoria foi esquecida ou escurecida, as veces pola época na que viviron, tamén polos lugares onde desenvolveron o seu traballo ou polo sector no que traballaron. A memoria de todas elas foi escurecida porque conxugaron transgredindo o verbo emprender en feminino, eran mulleres e eran empresarias.Abriron camiño a outras, a moitas mulleres galegas que transitan hoxe o emprendemento, moitas mais, moito mais visíbeis, moito mais recoñecidas pero aínda difícil, aínda transgredindo.

Trátase de 21 paneis sobre outras tantas mulleres. As seguintes: Amalia Méndez Fernández, Consuelo Liñeira García, Isabel Maestre López, María Martínez Otero, Aurora Liste Forján, Dolores Centeno Soto, Joaquina García García, María Dolores Miramontes Mato, Carmen Pérez Gómez, Dominga López de Somoza, Manuela Carballo Mouzo, Olimpia Valencia López, Carmen Pérez García, Eugenia Pereira Rodríguez, María de las Mercedes Gil y Acebedo, Paz Parada Pumar Celia Rivas Casais, Francisca Morlán Ramos , María López de Guadalupe Xesusa Prado López.

Pioneiras permanecerá exposta ó público no vestíbulo do Auditorio Municipal dende o luns 17 ata o venres 21 de novembro, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 22 h. A exposición ven encadrada nas actividades que cede semestralmente ós concellos o SEGAI, Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal