Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VALORA A VONTADE DA SEPES PARA ANALIZAR A VIABILIDADE DE REBAIXAR O PREZO DAS PARCELAS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, reuníronse en Madrid co director xeral da Sepes, Alejandro Soler, e o responsable de ventas da zona norte, Francisco Fernández
Narón, 6 de marzo de 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, reuníronse hoxe en Madrid co director xeral da Entidad Pública Empresarial de Suelo (Sepes), Alejandro Soler, e o responsable de ventas da zona norte da entidade, Francisco Fernández. O polígono industrial de Río do Pozo e o chan das Boeiras foron os asuntos sobre os que se interesaron os representantes do goberno local no transcurso da xuntanza, que Ferreiro calificou de “satisfactoria” e sobre a que valorou o compromiso dos representantes da Sepes para analizar as propostas plantexadas desde o Concello. En canto ao polígono de Río do Pozo, a alcaldesa incidiu na necesidade de apostar por ese espazo de chan industrial, donde algunhas parcelas están á venda. Ferreiro plantexou a importancia de que se rebaixe o prezo do chan nese polígono, para así facilitar o asentamento de novas empresas ou a ampliación das que están xa asentadas nese parque industrial da cidade, o terceiro con maior superficie de Galicia. A rexedora local destacou que “esa opción podería representar un repunte para o polígono nuns momentos nos que se confirma carga de traballo para o sector naval na comarca”. Os responsables da Sepes comprometéronse a estudar esa posibilidade de rebaixar os prezos do chan industrial. En referencia ao polígono de Río do Pozo a alcaldesa tamén incidiu na importancia de que a Sepes asuma as tarefas de limpeza das parcelas que aínda son da súa propiedade. Sobre esta cuestión, os representantes da citada entidade explicáronlle que actualmente está en proceso de licitación o concurso de limpeza de parcelas nos polígonos industriais e que no prazo aproximado dun mes podería estar resolto. Pola súa banda, Ferreiro tamén lle explicou que o Concello licitará proximamente o novo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria que inclúe entre as súas novidades a limpeza viaria nos polígonos industriais, donde se esixen –no prego- frecuencias mínimas de tres días á semana cunha brigada integrada por catro operarios. A alcaldesa asegurou que deste xeito “mellorarase considerablemente o mantemento dos parques empresariais da cidade”. As melloras en mantemento coincidirán con outras xa avanzadas hai tempo desde o goberno local, como melloras na sinalización do citado parque industrial, e tamén coas bonificacións ás que poden acollerse os empresarios a través de Concellos Doing Business, unha iniciativa da Xunta e da Fegamp que contempla bonificacións no ICIO, IBI e IAE de ata o 95% ao asentarse empresas na cidade e fomentar a creación de emprego. Finalmente, na xuntanza mantida en Madrid Ferreiro e Ramos abordaron o chan das Boeiras, un área de preto de millón e medio de metros cadrados –dos concellos de Narón e Valdoviño- e donde Narón aposta por dar un uso distinto do industrial, modificando a calificación urbanística. Ao respecto desde a Sepes indicáronlles que se presente unha petición oficial sobre a finalidade da superficie para, deste xeito, analizar a súa viabilidade. “A reunión mantida hoxe foi positiva para a cidade, cando menos pola vontade amosada polos responsables da Sepes e o seu interese polo futuro do polígono industrial de Río do Pozo e tamén da área das Boeiras”, asegurou a alcaldesa. Trala reunión Ferreiro amosou a súa confianza en que as peticións formuladas desde Narón se poidan levar a cabo “para entre as diferentes administracións colaborar e traballar conxuntamente polo futuro da cidade e, por extensión, da nosa comarca, apostando polo asentamento e a ampliación de empresas e por fomentar o emprego en diferentes sectores”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal