MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO DAS VÍTIMAS DO TERRORISMO
O Consistorio secundou esta mañá a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias en repulsa de la violencia terrorista
Narón, 11 de marzo de 2019. Persoal do Concello secundou esta mañá a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) con motivo do Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, no que se conmemora o 15 aniversario da traxedia do 11 de marzo, cando un atentado terrorista acabou coa vida de 193 persoas en Madrid. Coincidindo con esta data e en recordo das vítimas do terrorismo, integrantes da corporación local naronesa, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, e traballadoras e traballadores do Concello, así como algúns veciños e veciñas, gardaron ás 11.00 horas un minuto de silencio ante a porta principal do Consistorio.
Con esta convocatoria amósase a total repulsa a calquera tipo de violencia terrorista.