Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTES DE TRÁFICO NA ESTRADA DA TRINCHERA E NO ACCESO Á FE-12 EN DIRECCIÓN AO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que as restricións responden a tarefas de mantemento en viais da cidade
Narón, 11 de marzo de 2019. A execución de traballos de mantemento viarios implicará varios cortes de tráfico desde hoxe e ata o mércores, día 13, na FE-11 (estrada da Trinchera) e no acceso á FE-12 desde o polígono das Lagoas, en dirección a Río do Pozo, tal e como explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo. Na xornada de hoxe o corte está operativo no vial da Trinchera, que comunica Narón con Ferrol, nos carrís en dirección Ferrol, pechando o acceso desde a avenida do Mar. A previsión é que o tráfico quede restablecido a última hora desta mesma tarde. Na xornada de mañá martes as obras serán nos carrís en sentido cara á Avenida do Mar, pechando o acceso á FE-11 á altura da Ponte das Cabras e das rúas Mugardos e Cabanas, restablecéndose a última hora da mesma xornada, según as previsións. O mércores día 13 o corte será no carril de incorporación á FE-12, en dirección ao polígono de Río do Pozo, quedando restablecido o tráfico rodado a primeira hora da tarde do propio mércores, tal e como se prevé. Desde o Concello solicítanse desculpas á cidadanía polas molestias que estas restricións no tráfico rodado poidan ocasionar durante o tempo que se executan os traballos de mantemento viario.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal