Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO VII CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO
Unha vintena de establecementos hostaleiros da cidade participaron nesta edición do certame, que se desenvolveu entre o 28 de febrero e o 6 de marzo
Narón, 14 de marzo de 2019. O Concello acolleu esta mañá o acto de entrega dos premios da sétima edición do Concurso de Tapas de Entroido, organizado a través do Club Narón Gastronómico. Desde o día 28 de febreiro e ata o pasado día 6 vinte e un establecementos de hostalería da cidade participaron nesta convocatoria. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, entregaron os premios que, na modalidade dos establecementos hostaleiros obtiveron o restaurante A Roldana, o Mesón O Pío, o Gastrobar Mamá Flora e o 3 Pés. Así mesmo, entregáronse os vales para cinco ceas –para dúas persoas cada unha- que se sortearon entre o público que valorou as tapas deste certame. A alcaldesa e o concelleiro de Promoción Económica felicitaron aos gañadores e gañadoras que recibiron os nove premios do certame e tamén agradeceron a participación das preto de 5.000 persoas que emitiron os seus votos para valorar as diferentes tapas. En total servíronse nos establecementos participantes máis de 10.000 tapas durante os días que durou o certame. No que respecta aos premios concedidos pola puntuación da clientela, dotados con 250 euros cada un, o restaurante A Roldana, no polígono de Río do Pozo, obtivo o premio da Tapa de Entroido, con “O Entroidiño” e o Mesón O Pío gañou o correspondente á modalidade de Tapa Creativa, con “Bícame outra vez”. En canto aos premios que outorgou un xurado profesional, de 400 euros cada un, o Gastrobar Mamá Flora obtivo o correspondente á Tapa de Entroido, por “Pan bao con grelos, chicharróns das Pontes, crema de queixo afumado e aire de pementón” e o restaurante 3 Pés gañou o da Tapa creativa coa proposta “3 xebras”. Todos os establecementos premiados recibiron ademáis un diploma acreditativo da súa participación no Concurso de Tapas de Entroido. Tanto a clientela como o xurado profesional puntuaron do 1 ao 5 as tapas que se serviron nos diferentes establecementos. Entre a clientela as ceas sorteadas neste concurso foron para Salvador Folgar Alonso, Naiara Goicoechea Montes, María del Mar Ameneiros Pereiro, María Alejandra Amil Casas e Guillermo Varela Rodríguez. Os locais participantes serviron coas consumicións diferentes tapas (Creativas, de Entroido, ou ambas) de balde, elaboradas con produtos típicos do Entroido, doces e salgadas, en función da súa elección. Este ano participaron da zona urbana os establecementos Australian, Nueva Orleáns, El Colonial, Gastrobar Mamá Flora, Índalo, Romero II, Parrillada do Couto, Casa Sindo, Gastrobar Piñeiros, Mesón O Pío, Silver 200 Monjes, La Barra de Oro, O Paseo, La Factoría, Café Bar Ronsel 2, 3 Pés e Café Bar España. Da zona rural as tapas de Entroido puideron degustarse nos locais Romero I, O Conxuro, Restaurante A Roldana e Restaurante A Trasanquesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal