Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO SOLIDARÍZASE CO COMITÉ DE EMPRESA DE MEGASA APROBANDO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
O PLENO SOLIDARÍZASE CO COMITÉ DE EMPRESA DE MEGASA APROBANDO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
A corporación do Concello de Narón reunida o pasado luns en Pleno Extraordinario, aprobou por unanimidade a redacción dunha declaración institucional solidarizándose coa problemática dos traballadores de Megasa Siderúrxica, S.L. O Concello fará un chamamento á dirección da empresa para que opte polo camiño do diálogo social, desactivando o conflito actual e buscando as vías de encontro cos traballadores, co fin de dar solucións ó convenio colectivo e motivando un clima que beneficie o desenrolo empresarial e as relacións laborais.

A declaración, a instancia do Alcalde Xoán Gato, tamén esixirá unha reunión dos voceiros dos grupos políticos da Corporación coa dirección de Megasa, e a readmisión dos dous traballadores despedidos o mes pasado durante un día de folga. O escrito será enviado mañá a siderúrxica, co desexo unánime de que esta acepte sentarse nunha mesa de negociación con criterios do momento actual e non de séculos pasados.

O Alcalde volveu a falar ás relacións de amor-odio entre Narón e a empresa, que xa se remontan ó ano 79 co primeiro litixio gañado polo Concello, e destacou que a actuación do comité de empresa ó longo de todos estes anos sempre foi exemplar. Para o líder de Terra Galega, Megasa é unha empresa dura, difícil e paternalista, pouco dada ó diálogo social e ós convenios. E as reivindicacións dos traballadores, cousas mínimas que xa deberían estar feitas nos tempos de hoxe. Asemade, Gato considera que Megasa pode facer fronte ós tempos de crise sen necesidade de recortar dereitos ós traballadores, polas numerosas empresas que completas o seu tecido empresarial.


Carlos Ramil, como portavoz do PP, ofreceu toda a axuda que poida prestar o seu partido para acadar una demanda social que Megasa lle debe ao pobo de Narón. Dende as filas “populares” agardan que a empresa proceda de xeito correcto e se sente a negociar.

Dende a oposición, tanto PSOE como BNG expresáronse en termos parecidos, recordando o trato exemplar que Megasa recibiu en este cincuenta anos de vida do Concello e da poboación de Narón, e a necesidade de que agora a siderúrxica devolva a súa débeda atendendo a unhas reivindicacións máis que lóxicas.

As principais reivindicacións dos traballadores foron expostas ó Pleno polo presidente do Comité de Empresa de Megasa, Cesáreo Fraga, que tivo o primeiro turno de intervención na sesión plenaria. Debido ó intenso esforzo que supón traballar na aleación de metais, os traballadores de Megasa consideran que a súa xubilación debe darse antes, e apostan polo contrato relevo, que facilita un relevo xeracional que non supón ningún gasto extra á empresa e beneficia os dous por igual. Da mesma maneira, solicitan a posibilidade de promoción interna dentro da empresa, como signo de recoñecemento e premio á súa experiencia e esforzada labor. A terceira reivindicación ten que ver coas horas extras non pagadas. Consideran que merecen unha mínima remuneración polo traballo que están a desenrolar en sábados, domingos e días festivos, debido a que a enerxía precisa para a súa actividade é máis barata neses día.

Fraga declarou que os traballadores temen polo seu futuro nunha empresa anclada no século XII, cando a grandeza dunha empresa é discrepar, negociar e chegar a acordos. E recordou que dentro das dos alternativas posibles, resignarse ou loitar, os traballadores seguirán loitando ata as últimas consecuencias, pois non estar a pedir nada inxusto ou que non teña o resto do sector. Por último agradeceu á Corporación municipal a súa sensibilidade e solidariedade cos traballadores nuns momentos difíciles e de crise.





Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal