Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E AS EDÍS DE ENSINO E IGUALDADE ASISTIRON Á INAUGURACIÓN DA MOSTRA "SOMOS A METADE" NO IES TERRA DE TRASANCOS
A ALCALDESA E AS EDÍS DE ENSINO E IGUALDADE ASISTIRON Á INAUGURACIÓN DA MOSTRA
Marián Ferreiro animou aos rapaces e rapazas a continuar traballando a prol da igualdade real entre homes e mulleres e para a erradicación da violencia de xénero
Narón, 15 de marzo de 2019. O instituto Terra de Trasancos acolle ata finais deste mes a exposición “Somos a metade”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Ensino, Mercedes Taibo, e Igualdade, Teresa Sabio, asistiron esta mañá, ás 11.30 horas, á inauguración desta mostra, integrada por cartelería, imaxes e pequenos vídeos nos que se abordan temas como a relevancia do papel da muller ao longo da historia e a violencia de xénero.
Algo máis de 150 alumnas e alumnos de ESO do Terra de Trasancos participaron nos traballos realizados para esta exposición. Nos mesmos saliéntase o labor das mulleres en disciplinas como as artes plásticas, a literatura, a música, as ciencias… e tamén se poden ver unha serie de vídeos –de curta duración- sobre algunhas mulleres no seu entorno. A maiores, o profesorado colaborou cos estudantes no apartado reservado para a fotografía, con imaxes e mensaxes vencelladas a unha campaña contra a violencia de xénero.
A alcaldesa da cidade felicitou, ao igual que as dúas edís da corporación, ao alumnado polo traballo realizado. Así mesmo, Ferreiro animou aos rapaces e rapazas a continuar traballando a prol da igualdade e contra a violencia de xénero, destacando a importancia de que as novas xeracións se impliquen activamente, como neste caso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal