Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XOVE BANDA DE NARÓN, DA AGRUPACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA, ACTUARÁ NOS ACTOS DO PATRÓN DA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA A POMBIÑA
A cita terá lugar o martes 19 de marzo nas instalacións da S.C.R A Pombiña, en Pedroso, no marco do programa do patrón da entidade
Narón, 17 de marzo de 2019. A Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira actuará o vindeiro martes, día 19 de marzo, nos actos programados con motivo do patrón da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso. A entidade deseñou un programa para celebrar a festividade de San Xosé, no que colabora o Concello, e que dará comezo ás 12.00 horas, cunha misa solemne na que cantará a coral da Pombiña. Pola tarde, ás 18.30 horas actuará como é tradicional a Xove Banda de Narón, que interpretará varios temas do seu repertorio no local social da Pombiña, en Pedroso. Desde a organización convidan ás veciñas e veciños a sumarse a estes actos que se desenvolverán o vindeiro martes na parroquia de Pedroso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal