Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO LOCAL SOCIAL DE SEDES
Os traballos acométense nunha parcela municipal duns 6.000 metros cadrados e complementarase con outras obras e novos servizos para a veciñanza da parroquia
Narón, 18 de marzo de 2019. A semana pasada iniciáronse na parroquia de Sedes os traballos correspondentes ao acondicionamento do entorno do local social da parroquia. Os traballos, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, suporán un investimento de 48.397 euros, e súmanse a outra serie de intervencións que se acometen ou proxectaron en Sedes desde o goberno local. A rexedora local destacou que “se trata dunha importante actuación na parroquia de Sedes, cunhas melloras importantes para a veciñanza que se completarán coa ampliación da rede de saneamento en Villallonte, melloras no local social e o acondicionamento da glorieta da AC-112”. Trátase de obras que, incidiu Ferreiro, “darán un completo cambio de imaxe á parroquia e ofrecerán importantes servizos á veciñanza”. No que respecta aos traballos do parque, execútanse nunha parcela de titularidade municipal, dunha superficie de algo máis de 6.000 metros cadrados e que permitirán ofrecer en breve ás veciñas e veciños un renovado espazo de lecer na zona rural. A parcela pecharase no tramo lateral que linda coa estrada de Sedes e contará cunha senda de xabre –cun límite que marcarán uns bordos de madeira tratada-, acorde co entorno, e unha praza de pavimento de pedra de pizarra irregular, que se acondicionará sobre unha base de formigón que se habilitará previamente. Contará tamén esta nova zona verde de Narón con catro mesas de granito, bancos e dous taburetes e tamén cunha fonte de auga potable e papeleiras. Os traballos de xardinería completaranse coa plantación céspede e de varios setos xunto á malla de peche, a modo de pantalla acústica e tamén para preservar a área do parque infantil. En canto á zona de xogo, tal e como recordou Ferreiro, procederase a ubicar nesa parcela os elementos de xogo que se localizaban xunto ao local social de Sedes, incorporando a maiores un columpio dobre, renovando o actual tobogán e colocando pavimento de corteza. O novo parque infantil de Sedes terá unha superficie duns 230 metros cadrados. “Estes traballos en execución na parroquia de Sedes compleméntanse con outros pendientes de iniciar na citada parroquia, como a ampliación da rede de saneamento en Villallonte, donde o Concello investirá 483.000 euros; o acondicionamento do local social, ampliándoo nuns 20 metros cadrados e mellorando a accesibilidade e eficiencia enerxética, cunha partida duns 80.000 euros e a adecuación da glorieta da AC-112, cun novo deseño con elementos vexetais orzamentada en 26.000 euros”, subliñou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal